Sen carné, sen seguro e sen ITV en Vigo, accidéntase e dá positivo en droga
Houbo dous coches implicados no accidente acontecido na rúa García Barbón

Un home que se viu involucrado nun accidente de tráfico en Vigo conducía sen ter nunca carné, viaxaba nun vehículo que carecía de seguro e ITV e, ademais, deu positivo en cánnabis, segundo informou a Policía Local.
O accidente produciuse na rúa García Barbón e someteron un dos condutores implicados a unha proba de tóxicos con resultado positivo en cánnabis.
A maiores comprobouse que carecía de permiso de conducir, ao non obtelo nunca, e que o vehículo que pilotaba carecía de seguro e ITV.
Foi citado para comparecer en xuízo rápido polos delitos cometidos contra a seguridade viaria.
Durante a fin de semana tamén houbo un accidente entre unha motocicleta e dous turismos na rúa Teixugueiras, tras o que o motorista deu 1,02 e 0,99 miligramos de alcol por litro de sangue en cada unha das dúas probas ás que foi sometido, polo que foi citado para comparecer en xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria.
Outra moto atropelou o mesmo sábado na rúa Aragón a unha muller de 70 anos que quedou ferida leve e foi trasladada nunha ambulancia medicalizada a un centro hospitalario da cidade viguesa.