Alfon non ten piedade do seu exequipo e leva o Celta ata os oitavos (2-3)
O dianteiro marcou dous goles, o da vitoria no tempo engadido do segundo tempo
O Celta perdía por 2-1 no minuto 86 diante dun Rácing que xogou con dez durante unha hora
Minuto a minuto
Imos co partido de Copa do Celta no campo do Sardinero. O equipo vigués quere ser o terceiro galego na rolda de oitavos de final. Grande ambiente diante dun Rácing que está a facer unha gran temporada.

Asubía González Fuertes... Partido en xogo
Remata cruzado o local Pablo Rodríguez. A xogada estaba anulada por posición de fóra de xogo.
Ao traveseiro Pablo Durán!!!!! Gran deixada de Aspas e o remate do tomiñés espétase no longueiro!!!
1-0 GOL de Andrés Martín. Recibe en profundidade e marca por baixo diante de Iván Villar.

Para Iván Villar o remate de Karrikaburu!! Nova ocasión do Rácing despois dun mal despexe do porteiro de Cangas
Pide penalti Alfon!!! González Fuertes non asubía e non hai VAR para revisar
Tiro desde fóra da área de Fran Beltrán ás mans do porteiro local
1-1 GOOOOOL de ALFON. Pon o centro Durán e Alfon métea na escuadra.

Expulsado Mantilla que derruba a Alfon cando encaraba a portería!!! Queda con dez o Rácing. O lanzamento de Aspas da falta marchou alto.
Clarísima de Pablo Durán!!!! Saca Parera o remate do tomiñés... e no córner o lanzamento de Marcos Alonso peta no traveseiro. Dúas ocasións de ouro para ir ao descanso en vantaxe.
Outra gran parada de Parera, desta volta a pés de Alfon
Remata o primeiro tempo. Empate entre Rácing e Celta pero o equipo galego ten a vantaxe de xogar contra dez todo o segundo tempo.
Entran Carreira e Cervi no lugar de Mingueza e Hugo Álvarez. Cambio nos dous carrís do Celta.
En xogo a segunda parte
Centra Sotelo e a cabezada de Starfelt acaba nas mans de Parera
Alfon proba sorte desde a frontal, pero marcha rozando o pau. Engadimos outra boa ocasión a prol do Celta.
Aspas marcha mancado. Problema muscular. Entra no seu lugar Swedberg.
Volve aparecer Alfon cun centro moi perigoso que saca Parera a córner. O Celta ten metido o Rácing na súa área... Borja Iglesias ao campo no lugar de Pablo Durán.
2-1 Gol do Rácing. Tiro que Arana que peta en Javi Rodríguez e acaba entrando na portería.

Remate frouxo de Ilaix ás mans de Parera. Dominio absoluto do Celta, pero sen profundidade.
2-2 GOOOOOOL DO CELTA. Córner que saca Cervi e marca Javi Castro na súa propia porta.

Fran Beltrán remata desde lonxe lixeiramente desviado. O Celta non quere a prórroga.
Swedberg remata e saca Parera!!!... Outra máis do equipo de Giráldez.
2-3 GOOOOOOOOOOL DE ALFON!!!!!! Deixada de Ilaix para Alfon que a pon na rede. Un ex do Rácing mete o Celta nos oitavos.
Finaaal do partido!!! O Celta supera, con moitos apuros, a eliminatoria. Alfon estivo providencial con dous goles para sentenciar o seu exequipo