Cargando resultados...
Stellantis Vigo paraliza toda a súa produción esta fin de semana
A actividade volve suspenderse por falla de microchips

G24.gal
17/09/2022 12:04
Última actualización 17/09/2022 12:12
Stellantis Vigo paraliza esta fin de semana toda a súa produción. A factoría de Balaídos volve suspender a actividade por falla de microchips.
Este sábado interrómpese nos dous sistemas e o domingo na quenda da noite da liña 1, mentres que se mantén na do sistema 2.
Stellantis Vigo xa tivo que parar a fin de semana pasada. A empresa prevé que se poidan producir máis suspensións nos vindeiros meses.
O ano pasado deixaron de fabricar 110.000 coches pola crise dos semicondutores e no que vai de ano xa son preto de 100.000.