Cargando resultados...
Suspendido o encontro entre o Deportivo e o Tenerife
A borrasca Dorothea impide a celebración do partido

G24.gal
15/12/2024 18:19
O partido entre o R. C. Deportivo e o C. D. Tenerife previsto para esta noite ás 21:00 foi suspendido por mor da borrasca Dorothea. O Cabildo anunciou a suspensión de toda a actividade deportiva debido ao forte vento provocando a imposibilidade da celebración do encontro no estadio Heliodoro Rodríguez López, así o confirmou La Liga. Queda pendente de confirmación por parte da entidade a data e hora da celebración do encontro da xornada 19.
A falta de partido, os seareiros do @RCDeportivo rodean en Tenerife o hotel do equipo
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) December 15, 2024
✈️ O equipo volverá mañá ás 7:00
📹 @javitorres6 @GALICIANGOLES pic.twitter.com/Uf3qLPUbBi