Publicador de contidos

Publicador de contidos

Támara Echegoyen despídese da carreira olímpica

Támara Echegoyen despídese da carreira olímpica

Participou en catro xogos e logrou unha medalla de ouro e rozou o bronce no 2016 e 2021

G24.gal 18/11/2024 20:56

Támara Echegoyen despídese  da carreira olímpica. Así o anunciou a través das súas redes sociais. A campioa olímpica en Londres 2012 xa avanzara que os Xogos de París serían os últimos como regatista e así o confirmou este luns. No seu comunicado, avanza que gozará do mundo olímpico desde outro punto de vista, agradece a todos os que a acompañaron nesta extraordinaria aventura.

Echegoyen debutou co ouro de Londres. Cambiou de clase no Río 2016 (49er FX), os Xogos Olímpicos nos que quedou a un paso da medalla de bronce, igual que lle aconteceu en Tokyo 2020. No 2024 en París pechou o cuarto ciclo olímpico e as súas participacións, nuns xogos en que foi a abandeirada do equipo español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos