Támara Echegoyen precisa unha gran remonta para entrar na Medal Race
Na segunda xornada de competición houbo unha lixeira mellora, pero aínda se atopan moi lonxe do décimo posto
.jpg)
Non está indo ben a competición para Támara Echegoyen e Paula Barceló. Despois dunha primeira xornada moi desafortunada na segunda houbo unha pequena mellora pero insuficiente para ter posibilidades de ir á Medal Race, para a que se clasifican as dez mellores.
Ata o de agora ocupan o posto 17, afastadas das expectativas xeradas antes da competición. Comezaron cun duodécimo posto a xornada do luns, e na quinta regata tiveron a mellor actuación cun cuarto posto. Iso parecía elevar as previsións pero na sexta regata volveu a fallar a estratexia e afundíronse no 18º posto co que perderon case todo o que recuperaran nas dúas primeiras citas do día.
"Estamos pensando nas posibilidades que temos cara adiante. A Medal Race non está demasiado lonxe e tampouco descartamos o podio. Precisamos dúas xornadas case perfectas pero a nosa determinación vai ser maior. O noso equipo nunca se vai render" asegurou a regatista galega á Axencia EFE.