Cargando resultados...
Tras dezaseis anos, os populares volven a Teo con maioría absoluta
Lucía Calvo conseguiu nove actas de concelleiro, o que lle permitiu facerse co mandato municipal

G24.gal
17/06/2023 14:54
Última actualización 17/06/2023 15:06
Lucía Calvo recibía este sábado o bastón de mando como nova alcaldesa deste concello preto de Compostela. Rafael Sisto, o rexedor saínte pola formación Son de Teo, foi o encargado de entregarllo.
A nova alcaldesa teense, que estivo arroupada pola secretaria xeral dos populares galegos e polo presidente do Parlamento de Galicia, acadou o mandato coa maioría absoluta dos seus nove concelleiros.
Mentres o BNG obtiña tres edís, os mesmos que conseguiron os socialistas. As outras dúas actas foron para o Proxecto Común de Teo.