Cargando resultados...
Trasladada unha persoa ao hospital por inhalación de fume tras un incendio en Vigo
O lume rexistrouse pouco despois das seis da mañá nun garaxe da estrada de Camposancos

G24.gal
10/11/2024 10:31
Unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital este domingo por inhalación de fume tras un incendio ocorrido na cidade de Vigo.
O lume rexistrouse pouco despois das 6:00 horas da mañá, cando un particular alertou o 112 de que saía fume dun garaxe na estrada de Camposancos.
O 112 informou os Bombeiros de Vigo, a Policía Nacional e Local e o Grupo de Voluntariado de Protección Civil.
Os bombeiros, tras extinguiren o incendio, indicaron que non se produciran demasiados danos materiais, pero si que foi necesaria asistencia médica para unha persoa por mor da inhalación de fume que o persoal sanitario trasladou ao hospital.
