Un ano despois dos incendios de Valdeorras, algunhas casas calcinadas xa están restauradas
En xullo do ano pasado arderon en Valdeorras 10.500 hectáreas; xunto ao do Courel, foron os peores incendios da historia de Galicia
Vai facer un ano dos peores incendios forestais da historia de Galicia, o do Courel e o de Valdeorras. Ata esta comarca ourensá quixemos achegarnos para comprobar como algúns veciños que o perderon todo no lume xa teñen restauradas e equipadas as súas casas grazas ás axudas que a Xunta activou naquel momento.
Manolo de Candenda viu como en segundos o lume devorou a súa vivenda, perdeuno todo, quedou co posto, conta.
Tivo que marchar vivir ao Barco mentres levantaba de novo a súa casa coas axudas que habilitou a Xunta para os afectados polos incendios.
Fáltalle acabar de amoblar os dormitorios para poder regresar ao fogar. A casa de Albino, e outra da súa irmá, eran segundas vivendas, hoxe xa poden velas rematadas.
Ademais destras tres casas habitadas en Candeda calcináronse numerosas casas abandonadas. E é que o lume entrou con moita virulencia na aldea.
Pouco a pouco Candeda vai recuperando, dende o concello de Carballeda axudaron os veciños a tramitar as axudas.
En xullo do ano pasado arderon en Valdeorras 10.500 hectáreas, xunto co do Courel, foron os peores incendios da historia de Galicia. Custaralles esquecelo.