Cargando resultados...
Un ano do crime de Cortegada e a acusada aínda agarda por unha avaliación psiquiátrica
Queimou e despezou un home co que quedara a través das redes sociais

G24.gal
20/12/2022 21:08
Fai un ano do crime de Cortegada, perpetrado presuntamente por unha muller de 26 anos acusada de queimar e despezar un home.
A vítima, de 53 anos, viñera vela a Galicia dende Barcelona despois de se coñecer a través das redes sociais.
A asasina confesa segue encarcerada na prisión da Lama a día de hoxe, pendente dunha avaliación psiquiátrica.