Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un avión con máis de 70 persoas a bordo estrélase no centro do Nepal

Un avión con máis de 70 persoas a bordo estrélase no centro do Nepal

Ocorreu no distrito de Pokhara cando o aparello tentaba aterrar

As autoridades rescataron polo momento 68 cadáveres

G24.gal 15/01/2023 08:01 Última actualización 15/01/2023 13:08

Un avión da aeroliña nepalesa Yeti Airline con máis de 70 persoas a bordo sufriu un accidente este domingo cando cubría unha ruta nacional que partía desde Katmandú. As autoridades rescataron, polo momento, 68 cadáveres.

O aparello estrelouse no distrito de Pokhara, uns 200 quilómetros ao oeste da capital, cando tentaba aterrar, confirmou o portavoz da compañía, Sudarshan Bartaula. A aeronave, un ATR-72, levaba a bordo 68 pasaxeiros e catro tripulantes.

“Os detalles sobre vítimas aínda están por chegar”, engadiu.

O aeroporto de Pokhara serve de conexión para as persoas que se dirixen á localidade de Jomsom, situada en pleno Himalaia, un destino popular entre turistas internacionais, que visitan o pico Annapurna (8.091 metros) ou a rexión de Mustang, e peregrinos hindús.

Accidentes frecuentes

O Nepal, con frecuentes accidentes aéreos, foi obxecto de reiteradas sancións internacionais pola falta de controis. A Unión Europea ten vetado o acceso ao seu territorio ás aeroliñas nepalesas desde 2013.

O accidente aéreo máis grave dos últimos anos no Nepal ocorreu en marzo de 2018, cando se estrelou un avión da compañía US-Bangla procedente de Dacca durante a manobra de aterraxe no aeroporto internacional de Katmandú.

Levaba 67 pasaxeiros e catro tripulantes a bordo. Deixou medio cento de falecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade