Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Deportivo inferior cede a vitoria co Zaragoza no engadido (1-1)

Un Deportivo inferior cede a vitoria co Zaragoza no engadido (1-1)

Soriano marcou ao comezo do encontro pero o cadro coruñés non aguantou o acoso do Zaragoza

G24.gal 07/12/2024 20:30

Ata o tempo engadido aguantou a vitoria o Deportivo, nun partido en que sobrevivviu como puido ao caudal ofensivo do Zaragoza, máis evidente no segundo tempo.

Un contraataque de vertixe marcou o partido. Aos 7 minutos os homes ofensivos do Deportivo sorprenderon a defensa do Zaragoza, logo dun córner favorable aos visitantes. Lucas atopa a Yeremay e o canario golpea contra o poste. O rexeitamento foi para Mario Soriano. Aos sete mintos chegaba o gol. Gol con castigo para Soriano pois viu o cartón amarelo por colocarse unha careta do Joker.

O tanto non variou o plan de partido maño que manexou o partido e tivo opcións para empatar. Calero estivo preto do gol nun par de oportunidades. Tamén tivo os seus momentos do Deportivo, en espacial cun disparo de Soriano que obrigou a Femenías a meter unha excelente man.

Con outra ocasión clara de Calero o partido foise ata o intermedio. Os 15 minutos de pausa non lle serviron ao propio Calero para mellorar a súa puntería. Vexan a que tivo e a onde enviou o balón nunha inmellorable posición diante de Helton Leite. O encontro foise rachando. O Deportivo pediu penalti sobre Yeremay, un Yeremay que con espazos volveu tolos aos xogadores do Zaragoza. 

Pero o perigo  quen e verdade o xeraba era o equipo de Víctor Fernández. Iván Azón cruza en exceso diante da portería galega a 20 minutos do final. Case sen respiro, outra acción semellante atopou de novo a Iván Azón. O disparo foi mellor pero Helton Leite respondeou cunha boa parada.

Un remate de Yeremay logo de pase de Lucas foi a única aproximación de perigo dun Deportivo máis ocupado na supervivencia, con problemas musculares en varios xogadores. Pau Sans tivo outra para un Zaragoza que finalmente atopou o premo no engadido. A xogada foi do propio Pau Sans. O seu centro paseou entre os defensores deportivistas ata que Franchu, agora si, foi capaz de enviar o balón a rede. O último dos 23 disparos do Zaragoza evitou unha vitoria que, de conseguirse, ben se podería ter etiquetado como milagreira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade