Un equipo da TVG acompaña unha patrulla da Policía Local polas zonas desvastadas de Paiporta
Os axentes, voluntarios, explicaron que a súa misión é atender os veciños no que necesiten
Un equipo da TVG acompañou unha patrulla da Policía Local de Xaén na zona cero.
Os axentes, voluntarios, explicaron que a súa misión é atender aos veciños no que necesiten. Tamén colaboran coa UME, o exército ou os sanitarios. E principalmente, controlan o tráfico para que a maquinaria pesada poida moverse sen problemas.
Percorren as zonas máis devastadas de Paiporta e suman na seguridade da zona, para evitar roubos.
Tres semanas despois da DINA alí queda moitísimo por facer. Aínda hai moito lodo e moitos coches por retirar. Estanse a situar zonas para amontoar alí os inservibles e outras para depositar os quilos de lama que se retiran das rúas.
Os axentes contan como un militar tivo que ser rescatado dun dos depósitos ao que caeu mentres traballaba.
E din que cada día volven á base tocados por historias moi duras. As que lles contan veciños que o perderon todo.