Cargando resultados...
Un home armado cun machado irrompe nas festas do Carnés, en Vimianzo
Ninguén denunciou os feitos, pero a Garda Civil decidiu actuar de oficio e xa identificou o home
G24.gal
13/06/2023 14:18
Os feitos sucederon ás cinco da madrugada do domingo, ao remate da verbena de Santo Antonio. O home, un veciño coñecido na zona, apareceu na cantina cun machado na man increpando algúns dos presentes. Pouco despois, outro veciño que estaba na barra logrou quitarlle a ferramenta e todo quedou nun susto.
O incidente foi gravado nun vídeo que se propagou rapidamente polas redes. Ninguén denunciou os feitos, pero a Garda Civil decidiu actuar de oficio. Xa identificou o home e vaino denunciar por unha presunta infracción da lei de seguridade cidadá ao ameazar cunha arma branca nunha concentración de xente.