Cargando resultados...
Un home foi hospitalizado por inhalación de monóxido de carbono en Pontevedra
As outras dúas persoas que estaban na vivenda saíron ilesas

G24.gal
25/04/2022 13:17
Un home foi evacuado en ambulancia dende o centro de Pontevedra ao hospital a noite pasada en estado semiinconsciente por inhalación de monóxido de carbono.
A súa parella e unha filla que o acompañaban saíron ilesas. Iso permitiu que a muller pedira axuda. O incidente puido deberse á evacuación inadecuada de gases dun quentador ou a unha fuga de butano.
A policía precintou a instalación da vivenda, situada na rúa Nova de Arriba e dedicada, ao parecer, a uso turístico.