Un lóstrego causa un incendio nunha casa e nunha nave dunha explotación gandeira en Muras
A estrutura da nave colapsou por completo

Os bombeiros de Vilalba traballan na extinción dun incendio nunha nave de explotación gandeira en Muras (Lugo).
O incendio puido ser provocado por un raio, que afectou toda a instalación eléctrica da nave e tamén dunha vivenda das proximidades.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos poucos minutos antes das 18:00 horas deste luns a través da chamada dun particular.
De acordo co relato do alertante, o lume consumía rolos de herba seca e diversa maquinaria agrícola almacenada nunha explotación gandeira localizada na parroquia de Irixoa.
O 112 deu aviso aos bombeiros de Vilalba e de Viveiro, aos membros do distrito forestal da zona, ao persoal do Concello e ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia.
A estrutura da edificación colapsou por completo. Agora, os bombeiros continúan no punto traballando para lograr a completa extinción do incendio.