Cargando resultados...
Un sismo de intensidade 2,9 sacode Forcarei
Este martes outro pequeno terremoto produciuse tamén concello pontevedrés da Lama
(Instituto Xeográfico Nacional)
G24.gal
06/11/2024 11:16
O Instituto Xeográfico Nacional español rexistrou nas últimas horas un movemento sísmico de intensidade leve con epicentro en Forcarei.
O terremoto tivo lugar este mércores sobre as 7:56 horas, con epicentro a uns 4 quilómetros de profundidade, no municipio de Forcarei, e cunha intensidade de 2,9. O movemento sentiuse en localidades como A Estrada, Moraña, Silleda, Cuntis ou Pontevedra.
Ademais, nas últimas horas rexistrouse outro terremoto na provincia de Pontevedra. Nese caso foi un tremor con epicentro a 15 quilómetros de profundidade, no termo municipal da Lama, rexistrado este martes ás 15:25 horas. Este terremoto tivo unha magnitude de 2,4.