Cargando resultados...
Un traballador ferido no incendio dun taller de Cangas
Polo de agora descoñécense as causas do incendio
Declaracións dun membro de Protección Civil de Cangas á Radio Galega
G24.gal
07/09/2022 17:14
Última actualización 07/09/2022 17:55
En Cangas, un lume nun taller deixa un traballador ferido e catro coches totalmente calcinados.
As lapas xa están extinguidas, pero no lugar continúan os bombeiros para evitar que se reaviven.
O lume declarouse ás dúas da tarde nun taller de coches situado na PO-315 á altura da recta do Viso.
Un traballador sufriu queimaduras e tivo que ser trasladado a un centro hospitalario, ademais catro vehículos quedaron totalmente calcinados e un quinto danado.
De momento descoñécese a orixe das lapas.