Cargando resultados...
Un tremor de 3.5 graos sacude a Costa da Morte
Con epicentro en Laxe, deixouse sentir en toda a comarca
Polo momento desbótanse danos persoais

G24.gal
21/12/2021 21:11
Un tremor de 3.5 graos sacudiu este martes pola tarde a Costa da Morte. O terremoto, con epicentro en Laxe, deixouse sentir en toda a comarca pero non produciu danos persoais.
O sismo aconteceu exactamente ás sete e vintecatro minutos da tarde. O epicentro situouse no concello de Laxe a unha profundidade de 10 km.
Sentiuse con especial intensidade en Vimianzo, Camariñas, Ponteceso, Baio, Cabana de Bergantiños e Santa Comba.
Os lugares máis afastados nos que se percibiu foron a cidade da Coruña e Boiro.
Polo de agora non hai constancia de que o tremor producise danos persoais.