Un xabón de caléndula con propiedades terapéuticas gana os premios VPC Green Beauty
Forma parte da liña de produtos Gaura, creada por unha emprendedora pontevedresa
Impúxose a produtos cosméticos de grandes marcas do sector
É o mellor premio para unha emprendedora comprometida cos produtos naturais, ecolóxicos e sostibles. Tres anos despois de iniciar a súa andaina nunha pequena tenda do centro de Pontevedra, a súa aposta pola cosmética responsable ve recoñecido o seu esforzo cun premio que a sitúa Gaura, o seu proxecto, no cumio da cosmética natural.
Un xabón ecolóxico con propiedades terapéuticas que se impuxo a produtos finalistas de dúas grandes empresas do sector.
Asegura que aínda esta a asimilar o premio, malia que non é a primeira vez que os seus produtos son candidatos.
De feito, e despois do éxito doutras das súas apostas, como o que chamou Sólido, que chegou ás páxinas de revistas como Vogue, Nanda xa está a traballar en novos produtos beneficiosos para a pel e para o planeta.