Cargando resultados...
Unha caravana de camións parte do Porto de Vigo escoltada pola policía
Dende Mos foron acompañados pola Garda Civil ata Benavente

G24.gal
25/03/2022 13:31
A caravana foi escoltada pola Policía nacional ata Mos onde tomou a remuda a Garda Civil para acompañalos ata Benavente pola A-52.
Na súa maioría transportan peixe fresco cara a mercados nacionais, fóra de Galicia. É na ruta e no destino, sobre todo cara ao sur de España, onde as empresas temen que se poidan producir incidentes, xa que este venres non houbo piquetes no Porto de Vigo e os camións puideron entrar e saír con normalidade.