Unha das falecidas no accidente era unha veciña de Agolada de 58 anos
Mercedes Castro Blanco decidiu viaxar en autobús desde Lalín ata Pontevedra para cear coa súa familia

Mercedes Castro Blanco, de 58 anos e veciña de Santo André, na parroquia de Carmoega, en Agolada, é unha das vítimas mortais do accidente do autobús en Pedre.
A muller decidiu ir ata Lalín coller o autocar, onde deixou o seu turismo, para viaxar ata Pontevedra no transporte público e poder pasar a Noiteboa coa familia. Alí vive a súa irmá, coa que ía pasar as festas, e a filla, canda os seus dous netos de curta idade.
Tras non ter contacto con ela e como tardaba en chegar, souberon que se desprazaba no autocar ata a cidade. Por Internet coñeceron o accidente e desprazáronse ata o lugar do suceso. Alí identificaron o seu cadáver.
A muller era moi coñecida en Agolada. Mercedes Castro, gandeira xubilada, perdeu a súa nai, de 96 anos, despois de que muller se precipitara por unha ventá.
O Concello de Agolada publicou en Facebook as súas condolencias pola traxedia de Cerdedo-Cotobade en que morreu unha das súas veciñas.