Cargando resultados...
Unha investigación di que houbo "descoordinación" ao remolcar un avión en Alvedro
Un operario que estaba na pista quedou ferido grave

G24.gal
06/08/2024 14:07
A "descoordinación e o apresuramento" ao remolcar un avión no aeroporto coruñés de Alvedro foi o que provocou o accidente que o pasado 14 de xullo se saldou coa amputación da perna dun dos operarios que estaba na pista.
Así o recolle a información elaborada pola comisión de investigación de accidentes de Aviación Civil, dependente do Ministerio de Transportes, que agora deberá publicar o informe definitivo.