Unha muller ferida no incendio da súa vivenda en Salvaterra de Miño
Os bombeiros tiveron que rescatala por unha fiestra
O edificio foi desaloxado durante varias horas
Incendio importante esta noite en Salvaterra. Os bombeiros tiveron que rescatar á dona do piso que xa non podía saír polos seus medios. Saíu á fiestra fuxindo do fume e pedindo auxilio. O lume iniciarase no salón, pero os gases invadiron toda a vivenda.
"Estabamos durmindo e escoitamos berros. Abrimos a persiana e xa a vimos coa cabeza por fóra da fiestra berrando que chamásemos aos bombeiros que morría alí dentro", explica a veciña do piso inferior.
Daniel Bar Franco, xefe de quenda dos bombeiros do Porriño, participou no rescate e relata que "a vítima estaba nunha situación moi complicada porque estaba inhalando gases na fiestra. Case non podía respirar".
A muller foi trasladada ao hospital por inhalación de fume. Os bombeiros conseguiron rescatar os seus dous cans, pero o gato faleceu no incendio.
"Dende o momento no que os veciños botamos a porta abaixo encheuse todo e corredor de fume e tivemos que saír a rúa porque nos intoxicábamos".
Os bombeiros do Porriño e os de Ponteareas traballaron conxuntamente neste incendio. A extinción foi complexa e tiveron que desaloxar durante varias a todos os inquilinos do edificio. A Garda Civil revisou este venres a vivenda para aclarar as causas polas que se orixinou o incendio.