Cargando resultados...
Unha persoa falece nun accidente de tráfico na Cañiza
O coche saíu da vía e comezou a arder

G24.gal
21/09/2023 18:54
Última actualización 21/09/2023 21:23
Unha persoa faleceu na cañiza nun accidente de coche. O vehículo bateu contra unha arqueta e comezou a arder.
Os veciños sacaron a vítima, pero non puideron salvarlle a vida.
Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios do 061, os bombeiros de Ponteareas, a Garda Civil e a Policía Local.