Cargando resultados...
Unha sentenza abre a porta a que os interinos poidan consolidar a súa categoría
Ata agora a un traballador que sacaba unha praza non se lle tiñan en conta os servizos prestados como interino para consolidar o posto

G24.gal
01/07/2022 08:07
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea abre a porta a que os interinos consoliden o seu posto ao convertérense en funcionarios de carreira.
Ata agora a un traballador que sacaba unha praza non se lle tiñan en conta os servizos prestados como interino para consolidar o posto. O Tribunal Europeo di que esa norma é ilegal.
A sentenza refírese ao caso dun veterinario que traballaba como funcionario para a Xunta de Castela e León. Como interino tiña o grao 24 e, cando aprobou a oposición, pasárono ao nivel 22.