Vaga de roubos nos establecementos de hostalería de Tui
Máis dunha decena de hostaleiros sufriron asaltos nos dous últimos meses
Non soportan máis perdas e algúns víronse obrigados a pechar o negocio
As medidas de seguridade non serven para frear os ladróns. Hai ata unha decena de afectados nos últimos dous meses en Tui. No local de Beatriz entraron tres veces, unhas delas facendo un burato dende unha vivenda contigua.
O centro social tampouco se librou. Aquí entraron rebentando a fiestra.
Ademais dos cuantiosos danos materiais e as perdas económicas, tamén está o impacto emocional. Para algúns hostaleiros non compensa manter aberto o negocio.
Xa deixan as caixas e as máquinas abertas para evitar polo menos os estragos que provocan os ladróns. Os afectados agardan que se tomen medidas. Mentres, algúns xa non pode aguantar e non lles queda máis remedio que botar a reixa.