Cargando resultados...
Os veciños do Baixo Miño están fartos dos constantes ataques dos xabarís
Os xabarís arrasan os cultivos no Baixo Miño
Os afectados piden solucións urxentes
G24.gal
31/05/2022 13:57
Xa non lembran cantas veces tiveron que volver plantar e cruzan os dedos para que non se repita. É a situación que viven moitos veciños do Rosal e da Guarda, onde os xabarís arrasaron milleiros de metros de cultivos. Acaban con todo o que se lles pon por diante. Gandeiros e agricultores falan de perdas cuantiosas.
Algúns veciños deixaron de saír pasear porque o xabaril se achega moito ás casas. Piden a implicación da Administración e axudas urxentes.
Os afectados agardan que as solucións cheguen canto antes para facer fronte a unha situación para eles xa insostible.