Visitas guiadas para coñecer o patrimonio funerario da catedral de Lugo
Hai constatados soterramentos no templo dende o século IX
O obxectivo é dar a coñecer as tumbas máis senlleiras
O sepulcro de Santa Froila é, se cadra, a tumba máis famosa de cantas acolle a catedral de Lugo.
Pero son milleiros as persoas que se soterraron no templo dende a súa construción ata 1803 cando se ergueron os primeiros cemiterios na cidade.
A meirande parte son individuos anónimos pero tamén destacados lugueses como Vasco Pérez de Viveiro, Pedro da Cal ou Lucas Bustos. E as investigacións continúan.
O obxectivo da actividade foi dar a coñecer un patrimonio que se atopa dentro da catedral pero que queda eclipsado polos altares, as capelas e outros elementos arquitectónicos.
Os visitantes puideron coñecer a historia e características das tumbas catedralicias así como a vida dos personaxes soterrados. Unha experiencia que, agardan, sirva para poñer en valor este patrimonio histórico e artístico.
Os visitantes coñeceron tamén elementos funerarios alleos á catedral como o crismón de Quiroga ou as lápidas a época romana.