Cargando resultados...
Xa están en Galicia os restos mortais da moza de Viveiro falecida na Habana
Os restos mortais de Cristina López-Cerón, a rapaza que faleceu á consecuencia da explosión do hotel Saratoga, chegan a Viveiro

G24.gal
12/05/2022 21:26
Última actualización 12/05/2022 21:41
Xa están en Viveiro os restos mortais da rapaza de 29 anos que faleceu na explosión do hotel Saratoga da Habana o venres pasado.
A familia de Cristina pediu que se respecte a súa intimidade nestes duros momentos, e por tanto o concello de Viveiro non ten previsto facerlle ningunha homenaxe.
Canto ao seu noivo, César Román, continúa ingresado nun hospital da capital cubana. Segundo a Delegación do Goberno, o seu estado segue a ser grave, pero estable.