Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vox asegura que a chamada ao voto útil do PP “truncou a alternativa”

Vox asegura que a chamada ao voto útil do PP “truncou a alternativa”

Garriga lamentou “a permanente demonización e a manipulación” de que foi vítima a mensaxe do seu partido

Abascal culpa do resultado directamente ao Partido Popular

G24.gal 24/07/2023 12:49

O secretario xeral de Vox Ignacio Garriga asegurou que as eleccións xerais deixaron claro que o voto útil que reclamou o líder do PP Alberto Núñez Feijóo acabou sendo “o voto inútil” e “truncou a alternativa”.

Garriga lamentou “a permanente demonización e a manipulación” de que foi vítima a mensaxe do partido de Santiago Abascal.

Garriga subliñou que os resultados do 23X evidenciaron que o PP se equivocou de adversario e de aliados, "o cal ao final tivo consecuencias”, posto que "só serviu para afianzar" o líder do PSOE Pedro Sánchez.

“O PP cumpriu o seu obxectivo, que era gañar as eleccións sen ter que contar con Vox. A campaña do voto útil resultou ser o voto máis inútil, que serviu para truncar a alternativa e o cambio de rumbo que merecen os españois”, afirmou o dirixente de Vox. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade