Yulimar Rojas, compañeira de Ana Peleteiro, non estará en París 2024 por unha lesión
Foi operada por unha lesión no tendón de Aquiles

A venezolana Yulimar Rojas, catro veces campioa do mundo e actual campioa olímpica do triplo salto, anunciou este venres que perderá os Xogos Olímpicos de París 2024 debido a unha lesión na perna esquerda que lle impide competir.
"Con moita dor e tristeza quérolles contar que, adestrándome, á recepción dun salto, tiven unha dor intensa que se traduce a unha lesión no tendón de Aquiles esquerdo. O meu corazón está roto tamén e quero desculparme por non poder representalos en París 2024", indicou a venezolana a través dun comunicado publicado nas redes sociais".
Tiña como adestrador a Iván Pedroso, igual que a galega Ana Peleteiro. Sen a venezolana, medran as opcións da atleta de Ribeira.
⚠️ ¡COMUNICADO! 📢
— Yulimar Rojas (@TeamRojas45) April 12, 2024
Nos vemos pronto, con los mismos sueños y ganas.
Con amor: Yulimar Rojas 💙 pic.twitter.com/sOzRLjmfun