Contido con Xeográficas .
Ribadumia

Rachan as catro rodas do coche de Protección Civil en Ribadumia
20/12/2024 13:54
Os responsables do concello din que non teñen nin idea de quen puido ser e non poden asumir o custo dunhas rodas novas

Atracan un matrimonio pistola en man na súa vivenda de Ribadumia
22/10/2024 13:31
O home deulles uns 800 euros que levaba no peto porque tivera que facer un pago e advertiunos de que estaba agardando a visita do seu fillo
.png)
Deteñen por ameazas con arma branca un home que foi xulgado por abusos a unha menor en Ribadumia
07/10/2024 09:47
O home presentouse na vivenda e ameazou de morte a parella da súa irmá mentres portaba un machete de cociña
Os axentes localizárono na casa de seu pai, a pesar de que non podía estar alí porque ten unha orde de afastamento debido a unha denuncia por violencia familiar

Detido o narco galego Braulio Vázquez por branquear máis dun millón de euros
01/08/2024 11:32
O detido é un dos procesados polo alixo de 3.800 quilos de droga a bordo do buque MV Karar en 2020 e ten varias condenas anteriores por narcotráfico
No marco da operación Frankenstein están investigadas outras seis persoas da súa contorna e foron bloqueados quince inmobles

Falece un home esmagado por unha vigueta en Ribadumia
03/07/2024 19:04
O falecido estaba sulfatando unha parra de viña cando chocou cun poste e a vigueta que se apoiaba nel caeulle enriba

Reabre tras máis dun ano a circulación da ponte de Santa Marta, en Ponte Arnelas
20/06/2024 15:55
Recupérase a comunicación que une Ribadumia e Vilanova de Arousa e tamén o paso peonil sobre o río Umia polo que transcorre o Camiño de Santiago
O tráfico estivo cortado polas obras de reconstrución da infraestrutura, na que se produciran desprendementos pola corrosión

Interveñen en Poio e Ribadumia máis de 1.500 litros de aceite de oliva portugués
22/03/2024 16:33
Presentaba irregularidades na etiquetaxe, ao carecer de rexistro sanitario e de certificado de trazabilidade

O viaduto de Ponte Arnelas abrirá ao tráfico en abril, tras a obras de reconstrución
21/02/2024 14:39
Os operarios traballan nunha manobra complexa co izado das estruturas

A conselleira de Medio Ambiente visita a galería de eucaliptos do pazo de Barrantes
16/12/2023 15:18
Unha galería de cen eucaliptos cobre o acceso ao pazo de Barrantes

Colide contra dous vehículos estacionados en Ribadumia e escapa do lugar
13/10/2023 14:36
O propietario do vehículo accidentado saíu ileso do accidente
A Garda Civil xa identificou e denunciou o dono do coche sinistrado

Celebran a XVIII edición da tradicional Festa da Vendima en Ribadumia
12/10/2023 16:08
Os produtores de Barrantes dixeron que foi unha boa vendima e que este ano quedaron satisfeitos

Malestar en Ribadumia porque a ITV dos tractores coincida coa vendima
22/08/2023 16:22
O Concello intentou cambiar sen éxito a data coa empresa encargada da revisión dos vehículos

Fútbol infantil - Copa Ribadumia 2023: semifinais e final
17/06/2023 10:16

Comeza a reconstrución da ponte de Santa Marta de Ponte Arnelas
22/05/2023 16:33
A estrutura, que une Vilanova e Ribadumia, previsiblemente estará lista a final de ano
A rotura dos tirantes da marxe dereita da calzada provocara o seu afundimento

Falece unha muller tras un incendio na súa vivenda en Ribadumia
03/05/2023 17:37
As primeiras investigacións apuntan que o lume empezou na cociña

Os vándalos cébanse cos bens públicos de Ribadumia: cinco estragos nunha semana
27/10/2022 14:09
O Concello denunciou os feitos ante a Garda Civil; o último, un ataque contra o centro social de Besomaño

Os donos dun pazo de Ribadumia din que o Concello os obriga a cortar unha zona protexida
18/10/2022 13:27
Denuncian que o alcalde de Ribadumia asina unha orde de execución para acabar cunha masa vexetal protexida que inclúe árbores centenarias e singulares

Unha familia de Ribadumia recupera a súa cadela cinco anos despois
24/08/2022 14:16
Unha moza localizouna en Boiro e entregoulla a Protección Civil que lla devolveu aos donos grazas ao microchip

Unha menor denuncia unha agresión sexual na Festa do Viño de Ribadumia
06/06/2022 21:48
Segundo a denuncia, a agresión foi a noite do sábado ao domingo da fin de semana pasada

Bota gasolina e incendia o coche dun veciño cando estaba saíndo do garaxe en Ribadumia
18/05/2022 13:42
A vítima saíu ilesa e a Garda Civil detivo o agresor

O mellor tirador de cervexa de Galicia está no Salnés
06/04/2022 20:46
É a segunda vez que Gustavo Rey, que rexenta un local en Cambados e outro en Ribadumia, se fai con este título
O 26 de abril participará no campionato nacional

16/11/2021 14:12
A súa cociña xa non se pode entender sen os produtos galegos que son fonte de inspiración