Contido coa etiqueta atraco .

Contido coa etiqueta atraco .

Atraco

Tentan roubar nunha empresa de Coristanco ameazando unha traballadora con varias armas

18/01/2025 15:16

Os ladróns, que actuaron coa cara cuberta, finalmente fuxiron

Etiquetas:  ATRACO

Amplo dispositivo na Arousa para dar cos violentos asaltantes dunha parella en Meis

14/01/2025 20:42

Pistola en man, atáronos, golpearonos e regaron con gasolina a muller

A parella xa recibiu a alta no hospital, pero barallan non volver á súa casa

A violencia extrema utilizada non ten precedentes nos roubos de vivendas na provincia

Categorías:  Sociedade   Sucesos   Meis
Etiquetas:  ATRACO

Buscan unha banda itinerante que asaltou seis vivendas en Verín

14/01/2025 13:36

Levaron un botín de 5.000 euros en efectivo, xoias e aparellos electrónicos

Actuaron na Noitevella, mentres os donos das casas estaban fóra


Dous axentes da Garda Civil no lugar onde unha parella foi asaltada este martes por tres encapuchados en Meis (Elena Fernández / Europa Press)

Tres encapuchados atracan unha parella en Meis pistola en man e bótanlle gasolina

14/01/2025 10:35

O suceso, "de extrema violencia", produciuse de madrugada, cando a parella saía da súa casa camiño do traballo

A Garda Civil busca os asaltantes en toda a comarca da Arousa


Buscan o autor de dous atracos en farmacias de Redondela pistola en man

13/11/2024 13:17

Atracan dúas farmacias de Redondela ameazando cunha pistola  

A policía investiga os asaltos co mesmo 'modus operandi'  

 


Obxectos comisados. Garda Civil.

Detido un mozo de 19 anos por atracar, pistola en man, un estanco do Barco

07/11/2024 16:00

Levaba a cara cuberta por un pasamontañas e unha arma de aire comprimido

O detido, veciño da Rúa, foi posto a disposición xudicial


O intento de atraco foi neste supermercado da avenida Adolfo Suárez

O traballador dun supermercado en Lugo evita un roubo enfrontándose ao atracador

06/11/2024 12:57

O atracador, que xa foi detido, ameazouno cun coitelo

O empregado sufriu varios cortes nas mans

Etiquetas:  ATRACO

Detiveron o presunto autor do atraco á sucursal de Caixabank no barrio vigués de Beade

31/10/2024 12:08

Posteriormente fuxiu nun vehículo en dirección a Bembibre, mais finalmente atrapárono

Fontes policiais sinalan que a investigación segue aberta


Buscan o home que atracou unha sucursal de Caixabank en Vigo

29/10/2024 20:43

A Policía cre que o autor destes feitos está vinculado con outros episodios violentos

Etiquetas:  ATRACO

Vivenda onde se produciu o atraco, na parroquia do Freixo, en Ribadumia

Atracan un matrimonio pistola en man na súa vivenda de Ribadumia

22/10/2024 13:31

O home deulles uns 800 euros que levaba no peto porque tivera que facer un pago e advertiunos de que estaba agardando a visita do seu fillo

Etiquetas:  ATRACO

A Garda Civil busca dous homes que atracaron armados un estanco en Moaña e fuxiron cos cartos da caixa

02/10/2024 10:46

Dúas persoas accederon ao establecemento portando unha arma, aínda que se descoñece polo de agora se era real ou de simulación

Unha vez no interior esixíronlle os cartos á dependenta, a muller entregoulles a recadación do día e os atracadores fuxiron do lugar


Un home atraca unha farmacia en Moaña cunha arma de fogo

18/09/2024 12:31

O atracador, que ía coa cara tapada, ameazou a empregada da botica, a quen deixou encerrada nun curto do establecemento, e fuxiu co diñeiro da caixa


Catro encapuchados armados rouban 4.000 euros en Vigo e queiman o coche en que fuxiron

13/09/2024 08:43

Os empregados da tenda indicaron que todo pasou "moi rápido" e en menos de tres minutos os atracadores, que usaron escopetas recortadas, entraron e saíron co botín

"Entraron os tres xuntos, todos de negro, encapuchados e con luvas. Gritáronnos: 'Todos ao chan, é un atraco!'"

Unha cuarta persoa agardaba nun coche para escapar

Categorías:  Galicia   Sucesos   Vigo
Etiquetas:  ATRACO

Dous atracadores ameazan o propietario dunha nave de cereais en Vilaboa e lévanlle os cartos da caixa

07/09/2024 21:06

Un dos atracadores xa estivera na nave unha hora antes de cometer o atraco

Non houbo feridos pero levaron os cartos que había no negocio


As cámaras de seguridade captaron o momento do atraco

Identificados os responsables dun atraco con arma branca nun supermercado do Corgo

27/08/2024 09:49

Ameazaron as empregadas e levaron un botín de 1.800 euros

Os atracadores cumpren xa condena nun centro penitenciario por varios roubos en entidades bancarias e comercios de Lugo e A Coruña

Categorías:  Galicia   Sucesos
Etiquetas:  GARDA CIVIL   ATRACO

A anciá asaltada pistola en man en Castrelo de Miño pide máis protección para as persoas que viven soas no rural

22/08/2024 14:26

A Garda Civil busca os autores do atraco, que a muller describe como unha moza e un mozo, e di que o revólver era da cor do aluminio


Imaxe de arquivo dun axente da Garda Civil

Buscan os atracadores que ameazaron unha veciña de Castrelo de Miño cunha pistola

21/08/2024 19:09

Os delincuentes entraron na vivenda dunha muller de 94 anos e marcharon con 200 euros que tiña na carteira

Foi o último episodio dunha vaga de roubos en vivendas que leva dándose todo o verán no municipio


(EFE/Eliseo Trigo)

O loteiro detido en Lugo queda en liberdade investigado por un delito de simulación de delito e tentativa de estafa

13/06/2024 14:52

O arrestado, a quen se lle atribúe tamén un delito de apropiación indebida, acolleuse ao dereito a non declarar

Era sospeitoso dende o principio, "pero non a principal liña de investigación"


O loteiro detido en Lugo era sospeitoso dende o principio, "pero non a principal liña de investigación"

13/06/2024 09:42

Para chegar a el a policía identificou e detivo primeiro os supostos cómplices, que nas súas declaracións certificaron as sospeitas que permitiron o seu arresto

Guillermo Rodríguez pasou este xoves a disposición xudicial acusado do atraco ao seu propio negocio en xaneiro pasado

Etiquetas:  ATRACO

Os atracadores do banco da Gran Vía viguesa tentaran perpetrar outros dous roubos

25/04/2024 13:27

A xuíza decretou prisión para os tres homes detidos, mentres a que acordou a liberdade da muller arrestada

Todos eles están investigados por pertenza a banda armada e tres roubos, un consumado e dous en grao de tentativa

Un mes antes do atraco en que levaron 300.000 euros xa tentaran roubar nesa mesma sucursal


Ingresa en prisión o presunto autor dun roubo nun banco da Ponte do Porto

25/04/2024 11:57

Accedeu empuñando unha arma de fogo coa que agrediu e intimidou o único empregado que atendía a sucursal e subtraeu un total de 44.000 euros

Etiquetas:  ATRACO

Catro detidos en Vigo por levar 300.000 euros dunha sucursal bancaria en decembro

23/04/2024 17:09

O caso está baixo segredo de sumario no Xulgado de Instrución número 1


Atracan un taxista de Cambre botándolle spray de pementa nos ollos

10/04/2024 14:34

Non lograron roubarlle a recadación, pero tivo que ser atendido no ambulatorio 

Os taxistas de Cambre piden que se reforce a vixilancia policial, sobre todo polas noites

Etiquetas:  ATRACO   TAXI

A xuíza arquiva o caso do atraco a unha administración de loterías de Lugo tras non ver "indicios" contra o loteiro

08/04/2024 17:34

Sostén que "toda a construción da hipótese investigativa policial se funda en sospeitas"


Tres meses despois do atraco a un despacho de loterías en Lugo, seguen a investigarse os feitos

04/04/2024 13:28

O loteiro denunciara o roubo de 400.000 euros, pistola en man, por uns encapuchados

O caso dera un xiro en febreiro, cando o denunciante fora citado a declarar nos xulgados


Atracan cunha arma de fogo unha sucursal bancaria de Camariñas

27/02/2024 17:24

O asalto foi na oficina do Banco Pastor da Ponte do Porto

Etiquetas:  ATRACO

Un home encapuchado, pistola en man, atraca unha sucursal bancaria en Cambados

12/02/2024 11:16

O asaltante abordou un empregado cando ía abrir e levou os cartos da caixa forte. Segundo apuntan algunhas fontes, trátase dunha cantidade importante.


Atracan, con pistola en man, un pub en Ferrol

26/01/2024 15:38

Unha vez encerrado o camareiro no almacén, o ladrón dirixiuse directamente á caixa subtraendo a recadación do día, uns 600 euros

Categorías:  Sociedade   Sucesos   Ferrol
Etiquetas:  ROUBOS   ATRACO

Atracan cunha pistola unha gasolineira do Porriño

22/01/2024 13:12

Un individuo coa cara cuberta ameazou a empregada e fuxiu con 600 euros


A administración atracada en Lugo esta semana reparte 250.000 euros

06/01/2024 18:41

Vendeu dez décimos do 57.033, o terceiro premio do Sorteo do Neno


A policía segue a investigar a autoría do atraco á man armada a un despacho de lotería en Lugo

05/01/2024 13:44

Os axentes da Científica dispoñen xa de imaxes do asaltantes, que levaron 400.000 euros


Atracan pistola en man un despacho de lotaría en Lugo e levan 400.000 euros

04/01/2024 11:05

O responsable da administración chegaba para ir ao banco para ingresar a recadación e foi asaltado por dúas persoas

O elevado botín débese xa que no despacho de lotaría había moitos cartos acumulados polo alto volume de vendas dos últimos días

O loteiro asegura que tratou de facilitarlle as cousas aos atracadores e non opuxo resistencia: "Os cartos son cartos, e a vida é a vida"


Buscan os atracadores dun banco en Arbo ao que accederon por un buraco

29/12/2023 17:56

Os empregados da oficina atoparon dentro os ladróns cando abriron á primeira hora da mañá

Categorías:  Sociedade   Sucesos   Arbo
Etiquetas:  ABANCA   ATRACO

Tres atracadores asaltan un banco en Vigo armados cunha pistola e levan 300.000 euros

07/12/2023 22:59

Os ladróns entraron na oficina bancaria cando estaba a piques de pechar e fuxiron do lugar correndo

Categorías:  Galicia   Sucesos   Vigo
Etiquetas:  ATRACO   BANCA

Detido un home por atracar un banco en Ourense cunha pistola simulada

01/12/2023 19:40

O detido subtraeu varios miles de euros empregando unha arma que resultou ser simulada

Os axentes da Policía Nacional indicaron que o home tentou roubar noutra sucursal bancaria momentos antes do atraco

Etiquetas:  ATRACO

A colaboración cidadá frustra o atraco a un estanco de Vigo

21/11/2023 14:23

O propietario encarou o atracador e foi axudado por un home que entrou ao escoitar os berros

Etiquetas:  ATRACO

Establecemento

O dono dun bar de Lugo retén o ladrón que o ameazaba cunha pistola

20/11/2023 14:18

O ladrón actuou de día e encapuchado

A arma que levaba resultou ser falsa

Etiquetas:  ATRACO

Fachada da administración atracada, no centro de Catoira

Atraco cunha pistola nunha administración de lotaría en Catoira

17/11/2023 14:40

Coouse detrás da empregada cando abría e obrigouna a abrir a caixa forte, que tiña uns 3.000 euros 

A Garda Civil busca o presunto atracador, que actuou encapuchado, con lentes de sol, máscara e luvas

Etiquetas:  ATRACO

A sucursal atracada o martes pasado

Arrestan un dos atracadores da sucursal de Abanca na rúa Ramón Nieto de Vigo

11/11/2023 11:18

Dúas persoas asaltaron a entidade o pasado martes e levaron tres mil euros 

Tomaron un ancián como refén e ameazaron o persoal e a clientela con pistolas

 


Sucursal bancaria onde tivo lugar o atraco

Atraco con pistola nunha sucursal bancaria de Vilaboa

10/11/2023 14:24

A Garda Civil está buscando os autores do atraco, que marcharon sen deixar rastro

Etiquetas:  ATRACO
Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 84 resultados.