Rachan as catro rodas do coche de Protección Civil en Ribadumia
Os responsables do concello din que non teñen nin idea de quen puido ser e non poden asumir o custo dunhas rodas novas
Rachan as catro rodas do coche de Protección Civil en Ribadumia. O vehículo estaba estacionado na base e descubrírono cando ían realizar un servizo. Teñen que substituílas, pero o custo, de 700 euros, é inasumible para eles. Instan o Concello a que se faga cargo e poidan seguir traballando.
Begoña González, voluntaria de Protección Civil di que "cando chegaron a facer un servizo atopáronse coas catro rodas rachadas e que non teñen nin idea de quen puido facer algo así". Engade que teñen que cambialas e non poden asumir o custo duns 700 euros que suporía mercar e poñer unhas novas".
Conta que "teñen un orzamento de 3000 euros para todo o ano e isto para eles é asumible". Pídenlle ao Concello que "se faga cargo do valor do taller e das rodas porque queren seguir traballando e por que eles, que son voluntarios, non poden poñer os cartos".
Están ademais preocupados porque sen o coche, un Nissan Patrol, non poden facer o servizo das Cabalgatas de Reis que é en poucos días.