Contido coa etiqueta .
Aceite

O aceite de xirasol incrementa o seu consumo case un 40 % nos fogares españois
10/07/2024 14:29
Con todo, o aceite de oliva segue a ser o preferido das familias
Cada español consome 5,9 litros de aceite de oliva ao ano fronte aos 3,4 litros de xirasol

Cae unha banda que roubou zapatillas e aceite por valor de máis de 600.000 euros
06/05/2024 14:27
Catro dos detidos ingresaron xa en prisión

Interveñen en Poio e Ribadumia máis de 1.500 litros de aceite de oliva portugués
22/03/2024 16:33
Presentaba irregularidades na etiquetaxe, ao carecer de rexistro sanitario e de certificado de trazabilidade

Redúcese o IVE a cero no aceite, pero mantense en produtos como a carne ou o peixe
12/01/2024 16:22
O aceite só nos últimos doce meses encareceu case un 70 %, segundo Facua
O IVE da carne, peixe e conservas mantense no 10 %

Garzón recórdalle ao Goberno que hai recursos para loitar contra a fraude no aceite de oliva
14/09/2023 14:13
O ministro de Consumo en funcións, Alberto Garzón, recórdalle ao Goberno que hai recursos para loitar contra a fraude no aceite de oliva e pídelles ás empresas do sector da alimentación que sexan responsables e cumpran a lei
Dende o Goberno insisten en que a causa da alza de prezos está na mingua da produción de olivas

As previsións apuntan a que o aceite de oliva seguirá subindo de prezo
13/09/2023 14:40
Os produtores din que a caída da colleita provoca un desequilibrio entre a oferta e a demanda
Desde marzo do 2021 o prezo disparouse case un 115 %

A industria do aceite descarta o desabastecemento
08/09/2023 14:14
O stock actual roza as 250.000 toneladas, que chegarán para un período de tres meses, é dicir, ata o remate esta campaña
Apuntan tamén que os prezos non deberían subir máis, ao estar equilibrada a oferta e a demanda

Descende o consumo de conservas pola alza do prezo do aceite de oliva
07/09/2023 14:05
As conservas son entre un 15 % e un 20 % máis caras que hai un ano
O sector estuda outras alternativas, como substituír o aceite de oliva polo aceite de xirasol

O aceite de oliva virxe extra aguanta malia a alza dos prezos
05/09/2023 13:53
O consumo de virxe extra baixou un 14 % fronte ao 51 % da baixada do aceite de oliva
Os expertos prevén que a escalada dos prezos continúe na seguinte colleita, pero din que non será tan brusca

A escalada de prezos do aceite de oliva non dá tregua e xa supera os 10 euros o litro
31/08/2023 10:21
O prezo do aceite de oliva incrementouse no último ano nun 38,8 %, aínda que no caso do virxe extra, o de maior calidade, a subida supera o 227 %
Segundo o último informe da Comisión Europea, produciranse 1.385.000 toneladas, o que supón un 39 % menos ca o ano anterior

A Xunta e Repsol acordan instalar 245 puntos de recollida de aceite de cociña usado en Galicia
30/08/2023 14:55
Os usuarios van recibir 30 céntimos por cada litro que entreguen
O uso dun 1 % de combustibles renovables supón unha redución de emisións equivalente á incorporación de 500.000 vehículos eléctricos
A vicepresidenta da Xunta marca como obxectivo conseguir a neutralidade climática en 2040

Dispárase a demanda de aceite de oliva en Internet
30/08/2023 14:52
A xente busca ofertas en Internet que deixen maior marxe de aforro
A venda directa aos produtores é unha das mellores opcións

O consumo de aceite de oliva cae un 15 % en favor de alternativas máis baratas
23/08/2023 14:32
Os prezos disparáronse ata os 9,40 euros o litro de virxe extra
As previsións para a vindeira colleita non son boas, polo que podería seguir subindo

O aceite de oliva subiu un 40 % no último ano
16/08/2023 14:44
O litro de virxe extra xa roza os nove euros
Os prezos fixeron que o consumo baixara un 10 %

As malas colleitas ameazan unha suba aínda maior nos prezos do aceite de oliva
04/08/2023 16:59
O aceite de oliva encareceu nun 86 % no último ano e xa roza os 7 euros
Cara a final de ano agárdase menos oferta de aceite no mercado

Os produtores de aceite de Quiroga prevén outra colleita escasa
24/07/2023 13:49
Achacan a baixada, de ata o 50 por cento, ao mal tempo durante a floración

Unha mancha de combustible de máis de cinco quilómetros afectou dúas estradas de Pontevedra
18/06/2023 11:42
A vertedura apareceu nun treito das estradas EP-0018 e da PO-223 en Pontevedra e alcanzou a estrada que une O Gatomorto e Os Milagres de Amil
Voluntarios de Protección Civil limparon para recuperar a seguridade

Alertan de que se está a vender como galego aceite de fóra
01/06/2023 14:13
A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia denuncian que xogan coa etiquetaxe para enganar o consumidor

Parte do aceite comisado en marzo no sur de España non é apto para o consumo
24/05/2023 14:05
Investigan unha fábrica de Sevilla como posible epicentro da fraude

As vendas de aceite de oliva baixan un 23 %
03/05/2023 14:38
Baixa a produción, baixan as vendas e o prezo acada máximos históricos

Mesturan aceite de oliva co de xirasol para rebaixar o prezo
26/04/2023 14:30
UPA Andalucía denuncia a introdución dun produto que mestura aceite de oliva e de xirasol para abaratar custos
En España está prohibido, pero non noutros países, e fan a mestura fóra e despois volven introducir o aceite

O aceite, o leite e a carne seguirán subindo nos próximos meses
28/03/2023 14:28
Os prezos industriais da fabricación destes alimentos seguen á alza
No caso da carne, o seu procesamento acaba de acadar un novo máximo histórico cunha suba do 27 %