Contido coa etiqueta .
Verteduras

A Xunta dá por controlada a vertedura de hidrocarburo na Pobra do Caramiñal
05/01/2025 15:02
Na tarde do sábado un particular alertou dunha posible vertedura ao mar de gasóleo desde unha nave abandonada
Apenas quedan restos na auga, pero o persoal técnico continúa pendente da súa evolución

A UE reforza normativas para previr verteduras de granulado plástico como o de Galicia de hai un ano
17/12/2024 12:57
As novas normas aplicaranse a todos os operadores económicos que manipulasen os materiais en cantidades superiores a cinco toneladas
O Consello introduce medidas de inspección e certificación para as empresas
A Xunta defende a proposta: "Mellor previr que curar"

Un ano da vertedura de granulados plásticos no litoral galego
13/12/2024 16:55
26 toneladas de granulados plásticos chegaron ata praias galegas
Entidades pesqueiras, marisqueiras e ecoloxistas piden controis máis estritos no transporte deste material

A Xunta reclamará ao Goberno os gastos de limpeza da vertedura de granulados
05/12/2024 12:29
Vázquez reiterou que a Xunta traballou practicamente en solitario para limpar as praias de Galicia e neses traballos, a administración incorreu nun gasto de 2,4 millóns de euros que “alguén os ten que pagar”

O Goberno reclámalle á armadora do buque que provocou a vertedura de pellets o custo da limpeza
25/11/2024 15:33
En resposta a unha pregunta de Sumar, o Goberno explica que se remitiron as facturas ao armador do Toconao para que alegase o que considerase oportuno, "tendo en conta que colaborou en todo momento contratando a dúas empresas para a limpeza das praias"

Investigados os responsables de dúas empresas por un vertedorio ilegal en Bergondo
29/10/2024 09:39
A Garda Civil localizou o enterramento nunha parcela rústica de residuos provenientes da demolición de edificacións, que eran cubertos con terra

Unha muller de Abegondo denuncia verteduras da fosa séptica da casa dos veciños
09/09/2024 13:53
Achaca as humidades na súa vivenda ás verteduras da casa de enfronte e pide un sumidoiro para que non lle entre auga na casa

Abren un expediente sancionador polas verteduras da cidade deportiva do Celta
09/09/2024 11:40
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil inicia o proceso sancionador tras a denuncia da organización Ecoloxistas en Acción

Localizado en Feáns un vertedoiro incontrolado con 200 envases de pintura
03/09/2024 11:06
A Garda Civil logrou identificar que a orixe destes envases era un almacén dunha empresa da Coruña dedicada a obras de reformas

O afundimento dun barco de pesca en Pontedeume mobiliza a Armada
18/08/2024 20:57
Mergulladores do corpo foron reflotalo
A Xunta activou o nivel mínimo de emerxencias porque o barco verteu algo de gasóleo
Afundiuse cando estaba amarrado e baleiro
O suceso deixa dúas familias sen a súa principal fonte de ingresos

Pecha unha praia de Sanxenxo por unha vertedura e recomendan non bañarse noutra de Vilagarcía
09/08/2024 17:09
A praia de Lavapanos foi pechada ao baño debido a uns residuos liberados pola obstrución dun cano
A praia do Preguntoiro deu niveis altos de E. coli nunha análise das augas

Veciños do Monte do Gozo denuncian un vertedoiro ilegal
06/08/2024 13:11
Leva varios anos activo a carón duns colectores, pero nos últimos tempos vai a máis

Unha vertedura de fuel tingue de negro e obriga a pechar tres praias en Valencia
17/07/2024 16:29
Capitanía Marítima de Valencia investiga a orixe e composición do combustible, que se estende por case dous quilómetros de costa
O acceso e o baño nos areais está prohibido e están a realizarse tarefas de limpeza para recuperar o espazo natural

Un atasco provoca unha vertedura de augas fecais ao mar en Cangas
29/05/2024 15:38
Abarcaba máis de 30 metros cadrados con restos orgánicos e excrementos e algúns veciños puideron percibir o cheiro que desprendía
Horas despois, o problema foi emendado e os canos deixaron de expulsar estes residuos

O Seprona identifica un home e o seu fillo como responsables dunha perigosa vertedura en Cerceda
27/05/2024 14:59
Os dous están sendo xulgados por supostos delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente e enfróntanse a seis anos de cadea
A Fiscalía di que conscientemente incumpriron a autorización ambiental

Denuncian a existencia dun vertedoiro ilegal a carón do Camiño Portugués
05/04/2024 14:03
Os refugallos acumúlanse a poucos metros do río Gafos e dunha ponte medieval
Hai unhas semanas retiraron doutra finca cercana varias toneladas de refugallos

A UE acorda prohibirlles aos barcos verter augas residuais, lixo e plásticos
16/02/2024 10:56
Os países membros da Unión pactan coa Eurocámara endurecer a directiva sobre a contaminación do transporte marítimo, que nestes momentos só veta a liberación de hidrocarburos
As previsións máis optimistas sitúan a finais de 2026 a entrada en vigor cando os Estados da UE inclúan a directiva nas súas normativas nacionais e establezan sancións "efectivas e disuasorias"

Covadonga Salgado: "Os macroplásticos son moito máis perigosos que os granulados"
22/01/2024 09:49
A directora do Intecmar e membro do comité de expertos asegura que a vertedura do Toconao é inocua para o consumidor
Explica que só chegou ás costas galegas unha parte da carga, e moita xa se limpou
Advirte de que cada ano se verten máis de 150.000 toneladas de plásticos ao medio ambiente

Ata o momento retiráronse do litoral 3.500 quilos de granulado plástico
21/01/2024 11:41
O dispositivo despregado pola Xunta tamén recolleu máis de 10.200 quilos doutros plásticos dende o 10 de xaneiro

O comité científico cre que o impacto do granulado plástico será "limitado"
20/01/2024 14:28
O grupo de expertos avaliará o impacto dos pellets a medio e a longo prazo

"Debería ser posible modificar a normativa para aumentar a seguridade no tráfico de colectores"
19/01/2024 10:23
A capitá de Mariña Mercante e subdirectora académica da Escola Técnica Superior da Mariña Mercante da Universidade da Coruña comparte que os contedores de pellets vaian baixo cuberta ou no centro dos cargueiros
Afirma que a perda de colectores no mar é "máis frecuente do que debería ser", con máis de 1.500 ao ano

A Fiscalía investiga as verteduras de 'pellets' nas praias de Tarragona
16/01/2024 11:52
Xa abrira dilixencias para investigar as verteduras nos anos 2019 e 2021, pero acabáronse arquivando ao non poderse identificar os autores do delito

A Xunta pide avanzar e non confrontar: "Se hai responsabilidades, que as dirima a Fiscalía"
15/01/2024 12:53
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, di que a Xunta pechou xa o informe que lle vai enviar á Fiscalía
349 operarios están a traballar en 63 praias de 30 municipios e xa se recolleron 92 sacos de granulados

Así é o protocolo para a correcta recollida de 'pellets' segundo o Plan Camgal
12/01/2024 17:28
Informar os Concellos sobre as tarefas de recollida, alterar o mínimo posible o medio e dar conta da situación posterior aos traballos de limpeza son algunhas das recomendacións do Plan Camgal

Un avión e un barco de Salvamento levan días buscando sacos de 'pellets' no mar
12/01/2024 17:22
O tempo despexado permitirá localizar sacos nas zonas escuras de rocha, tarefa en que se centrará o operativo nas próximas horas
Delegación do Goberno xestiona coa Axencia de Seguridade Marítima e os gobernos de España e Portugal a busca dos colectores que caeron ao mar

A Xunta insiste en que se actúe no mar e a oposición pídelle asumir responsabilidades
12/01/2024 14:26
A vicepresidenta segunda da Xunta, Ánxeles Vázquez, volve responsabilizar o Goberno central polo atraso nas actuacións pola vertedura de pellets
O PSdeG pide dimisións ou cesamentos dos responsables da Xunta e o BNG crítica que Alfonso Rueda non dea explicacións

Xunta e Goberno definen os protocolos para limpar os 'pellets' e anuncian unha colaboración total
11/01/2024 17:09
Nas últimas horas avistáronse sacos aboiando no Grove e en Camariñas
A conselleira de Medio Ambiente fai un chamamento á colaboración da xente do mar para recoller os sacos antes de que cheguen a terra

O sector do mar insiste na seguridade do peixe e o marisco galegos
11/01/2024 14:50
A limpeza mantense nunha trintena de praias e vixíanse posibles cambios polas correntes

11/01/2024 11:28
A vicepresidenta terceira e responsable de Transición Ecolóxica acusa a Administración galega de pedirlle o triplo de medios que co Prestige
Pedro Blanco, delegado do Goberno: "No momento en que calquera medio marítimo, aéreo ou satelital detecte unha contaminación no mar, o Goberno actuará inmediatamente"

Canarias activa unha prealerta pola aparición de granulados de plástico nunha praia de Tenerife
10/01/2024 18:51
Non se sabe se teñen relación coa vertedura que afecta a Galicia e a cornixa Cantábrica

A Fiscalía dá os primeiros pasos na investigación pola vertedura de 'pellets'
10/01/2024 16:22
O Ministerio Público reclama información á Xunta, ao Seprona e ás fiscalías superiores de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco

A RAG recomenda denominar as bólas de plástico vertidas nas costas co termo "granulado"
10/01/2024 11:36
A Real Academia Galega explica que o termo 'pélet' só nomea o combustible empregado en calefaccións e estufas

A Xunta pide ao Goberno que pare os 'pellets' no mar antes de chegar a terra
10/01/2024 10:16
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, solicita que o Estado poña os medios mariños e aéreos dos que dispón para interceptar no óceano os sacos que conteñen as bólas de plástico
A Administración galega responsabiliza ao Goberno da vertedura por non actuar hai un mes

Este mércores estarán operativos os primeiros medios estatais de limpeza de praias en Asturias
09/01/2024 19:39
Transición Ecolóxica está pendente de que os equipos entren en contacto para avaliar "como se articula esta colaboración" en Galicia

O groso da vertedura de 'pellets' chegará a Galicia a partir do sábado
09/01/2024 18:44
A Conselleira de Medio Ambiente di que só tocou a costa o 10% da vertedura e pídelle ao Goberno que recolla os sacos no mar
A Xunta intensificará a limpeza a partir do sábado coa contratación de 100 operarios máis

Portugal informou a España o 8 de decembro de que o Toconao perdera seis contedores
09/01/2024 17:13
O conselleiro do Mar recoñece que a Xunta soubo dos pellets o 13 de decembro, pero que non sabía de onde viñan
O Goberno central asegurou que tivo coñecemento da chegada de pellets ás costas galegas o 13 de decembro por unha chamada do 112 Galicia a Salvamento Marítimo
Os armadores do buque enviaron un mail ao Goberno o 20 de decembro, pero o Goberno tardou 15 días en remitilo á Xunta

09/01/2024 11:26
Ambas comunidades elevaron a alerta para poder reclamar o apoio do Ministerio de Transición Ecolóxica
Euskadi activa o Plan de Emerxencia mariña e tratará de recoller os pellets en mar aberto

Asturias contará coa axuda do Goberno central para a retirada dos 'pellets' de plástico
08/01/2024 20:22
O Principado pediu xa os medios ao Ministerio para a Transición Ecolóxica

O Goberno di que está listo para actuar contra os 'pellets' cando a Xunta eleve o nivel de alerta
08/01/2024 20:00
O executivo central di que "non pode facer máis" que esperar ata que o goberno autonómico solicite a axuda