Contido coa etiqueta .
Farmacias

As farmacias sentinela axudan a vixiar as infeccións respiratorias agudas
15/12/2024 10:22
Son 70 despachos que informan das dispensacións de antigripais e de tests de antíxenos para a detección da gripe, da covid e do VRS
A primeira alerta chégalle ao Sergas das farmacias sentinela; a segunda, de Atención Primaria, e a terceira, das hospitalizacións
Segundo os expertos, agora a situación da covid está "estable" e na gripe polo momento "hai contaxios esporádicos"

Buscan o autor de dous atracos en farmacias de Redondela pistola en man
13/11/2024 13:17
Atracan dúas farmacias de Redondela ameazando cunha pistola
A policía investiga os asaltos co mesmo 'modus operandi'

Empezan a reabrir as farmacias afectadas polas riadas
08/11/2024 14:12
Máis de catrocentas farmacias quedaron danadas polas riadas en Valencia
A día de hoxe, todas as localidades afectadas teñen, polo menos, unha en servizo, con longas ringleiras de veciños ás portas
Tamén hai un autobús hixiénico prestando servizo nas zonas afectadas

Os galegos reciclan un 8 % máis de medicamentos que o resto de España
22/10/2024 15:59
Nos puntos Sigre das farmacias recóllense medicamentos caducados ou que xa non se necesitan
Durante os primeiros 6 meses do ano, cada cidadán reciclou 116 gramos de residuos farmacéuticos, fronte aos 107 de media no resto do Estado

Os farmacéuticos destacan o seu labor social na celebración do seu día mundial
25/09/2024 14:59
En España hai preto de 80.000 farmacéuticos colexiados
"Consulte ao seu farmacéutico" máis que un slogan é a realidade do seu día a día

Un home atraca unha farmacia en Moaña cunha arma de fogo
18/09/2024 12:31
O atracador, que ía coa cara tapada, ameazou a empregada da botica, a quen deixou encerrada nun curto do establecemento, e fuxiu co diñeiro da caixa

Entra a roubar nunha farmacia de Vigo e ameaza de morte os empregados cunha nota e unha navalla
16/09/2024 16:48
O farmacéutico agarroulle a man e comezou un forcexo ata que o atracador fuxiu ao non poder facerse cos cartos da caixa rexistradora
Finalmente foi localizado e detido pola policía tras revisar as gravacións de seguridade

A falta dalgúns medicamentos nas farmacias segue a ser un problema estrutural
20/07/2024 14:39
A escaseza está afectando sobre todo a fármacos para a diabetes, algunha benzo-diacepina e algún psico-estimulante

A Xunta tramita un decreto para que as farmacias leven menciñas á casa
14/07/2024 14:35
O servizo estaría dispoñible para persoas dependentes ou que viven en zonas illadas
Serán as farmacias máis próximas ao lugar de residencia as responsables da entrega
.png)
As farmacias de Pontevedra, aliadas na loita contra o mosquito tigre
12/07/2024 16:40
Os locais participarán nunha rede de alerta para avaliar o aumento de picaduras e determinar se son deste insecto, posible transmisor de enfermidades
Ademais trasladaranse recomendación á cidadanía e fomentarase o uso da app Mosquito Alert

As farmacias galegas repartirán medicamentos a domicilio a pacientes que o precisen
08/07/2024 11:41
O servizo está pensado para pacientes dependentes ou de zonas rurais que viven lonxe de oficinas de farmacia
A Xunta confía en tramitar a norma para que a principios do próximo ano xa estea en funcionamento o sistema

Desde mediados de maio aumentou a incidencia de covid e a demanda de tests
22/06/2024 20:55
O uso das máscaras tamén medrou para evitar os contaxios

11/06/2024 20:27

Rouban na mesma noite en dúas farmacias de Santiago un medicamento para adelgazar
24/05/2024 15:08
O Ozempic era orixinariamente para a diabetes e desde que os endocrinólogos o prescriben tamén para adelgazar hai problemas de abastecemento
Os farmacéuticos advirten do risco de usalo sen supervisión médica e sen un control sanitario que garanta a súa conservación en frío

A vaga de virus está a deixar as farmacias sen antigripais
20/05/2024 13:47
Tradicionalmente, no mes de maio conviven virus e alerxias

Estacionamentos rápidos ás portas das farmacias
15/05/2024 14:26
Os concellos buscan facilitar o acceso á hora de mercar os medicamentos
Ribadeo é un dos concellos que pon en marcha esta iniciativa

17/04/2024 14:38
Afectou sobre todo os compoñentes para a fabricación de bolsas de ouriños de cama
O problema vai camiño de resolverse coa incorporación de provedores nacionais
Houbo quen aproveitou a escaseza para facer negocio coa revenda de produto

Fármacos e alimentos, coidado coas combinacións
02/04/2024 14:49
As farmacias alertarán os pacientes das interaccións entre alimentos e medicamentos

A botica da Fonsagrada con máis dun século que parece un museo
31/03/2024 13:32
A dona actual conserva o mobiliario, as menciñas e o instrumental tal e como os deixou a súa avoa

Ibuprofeno: os farmacéuticos defenden a actual regulación e piden usalo con responsabilidade
23/02/2024 13:57
O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña responde á petición da OCU para que a Axencia Española do Medicamento "investigue os efectos adversos" deste analxésico antinflamatorio
Explican os farmacéuticos que as contraindicacions son coñecidas e instan os cidadáns a atender os consellos clínicos, ler sempre os prospectos e non automedicarse

A venda de test de gripe e covid multiplicouse en decembro
14/01/2024 14:03
Algunhas farmacias quedaron sen probas en días puntuais

Sanidade estuda usar a información das farmacias para predicir gromos
07/01/2024 13:08
Na Consellería de Sanidade queren crear unha rede de farmacias sentinela
Nos dispensarios coinciden en que poden ter un papel fundamental

A venda de tests da gripe e a covid multiplícase por dez nas farmacias galegas
03/01/2024 13:38
As autoridades sanitarias insisten na importancia da máscara para protexer os vulnerables e din que a mellor prevención é a vacina

Sancionan unha farmacéutica de Vigo con 60.000 euros por vender psicotrópicos sen control
02/01/2024 14:50
Subministrou 450 envases de Rubifen a unha clínica que trata a obesidade

Triplícase a venda de test de antíxenos nas farmacias
30/12/2023 15:31
A demanda obrigou moitas farmacias a aumentar o seu stock
O test máis vendido é o que detecta gripe A-B e covid nunha mesma proba

Dispárase a venda de tests de diagnose de gripe e covid
28/12/2023 20:13
Os máis demandados son os que detectan as dúas doenzas
Non hai problemas de abastecemento de probas nas farmacias

Campaña gratuíta nas farmacias da provincia de Ourense para medir os niveis de glicemia
20/11/2023 21:21
Na campaña, que durará ata o 30 de novembro, participan corenta farmacias

As farmacias catalás distribuirán de balde produtos menstruais reutilizables
21/09/2023 12:44
Cada muller poderá recoller o produto que prefira a través dun código QR

O labor das farmacias na atención á poboación no rural
18/09/2023 21:25
A Semana da Saúde no concello ourensán do Pereiro de Aguiar comeza abordando o traballo dos farmacéuticos e as farmacéuticas, que excede dispensar medicamentos
Promover hábitos saudables entre a poboación é un dos obxectivos das xornadas
Son os profesionais do centro de saúde os que promoven estas actividades para axudar a enfrontarse a doenzas crónicas, como a diabetes, a hipertensión ou o colesterol alto

Deteñen un veciño de Cambre como suposto autor dun roubo con violencia nunha farmacia
01/07/2023 12:35
.png)
O uso da máscara en farmacias e centros sanitarios podería ter os día contados
18/06/2023 14:29
O tapabocas tamén é obrigatorio para o persoal de axuda a domicilio e nos centros de maiores

O uso da máscara en farmacias e hospitais ten os días contados
06/05/2023 14:09
A fin da emerxencia internacional pola covid-19 fai previsible a supresión da súa obrigatoriedade nestes espazos

Un problema informático dificultou ás farmacias galegas o funcionamento durante tres horas
02/05/2023 16:16
Malia os atrancos, puidéronse distribuír o 70 por cento dos medicamentos dunha xornada normal, chegando a un total de 160.000 receitas

Medra o debate sobre a necesidade de seguir usando máscara na farmacia
23/04/2023 13:18
A protección mantense no ámbito sanitario, logo de que se relaxara o seu uso no transporte público

As boticas galegas xa dispoñen da maioría de antibióticos
16/04/2023 13:41
Faltan o Penilevel para alérxicos á amoxicilina e o Todacitán para deixar de fumar

As farmacias galegas cambian os seus horarios desde este luns
09/04/2023 17:22
A norma establece un horario mínimo para todos os despachos de 38 horas e media semanais
Terán que escoller entre un servizo mínimo obrigatorio ou abrir 13 horas e media cada día
No verán poden demorar media hora o peche e a apertura

Os farmacéuticos din que non hai motivo de alarma polo desabastecemento de medicamentos
14/03/2023 13:39
No caso de remedios para os nenos pódense adaptar medicinas de adultos
Noutros casos búscanse alternativas para os tratamentos

A Xunta e as farmacias colaboran na dosificación personalizada para maoires
11/03/2023 15:07
Tratan de mellorar a adherencia terapéutica da poboación máis vella
O sistema vai dirixido a maiores de 74 anos polimedicados que viven sós

Expertos alertan do aumento do consumo de ansiolíticos entre os adolescentes
13/02/2023 21:39
Son medicamentos que precisan receita médica pero que moitos compran no mercado negro.

Un novo fármaco subvencionado permite deixar de fumar en menos dun mes
12/02/2023 15:04
O medicamento diminúe o desexo de fumar e non presenta efectos secundarios
Está subvencionado pola Seguridade Social, polo que o seu prezo baixou case á metade