Contido coa etiqueta .
Autoestradas

As autoestradas galegas seguen subindo en 2025
05/01/2025 14:25
Circular entre A Coruña e Vigo por AP-9 xa custa 20 euros con 45 céntimos

Dúas persoas feridas tras golpear co seu coche un xabaril na A-6, en Aranga
03/01/2025 11:47
Os feitos aconteceron na noite do xoves, arredor das 20:20 horas
Os ocupantes foron trasladados ao PAC de Teixeiro

Un desprendemento de terra corta a autoestrada entre Asturias e León, en Lena
10/11/2024 12:33
Non hai constancia de que haxa persoas afectadas polo suceso coa caída de rochas e terra sobre a AP-66
A Garda Civil concluiu a evacuaciòn de 161 vehículos que quedaron bloqueados na estrada
A concesionaria confía en que poida restablecerse o tráfico "o antes posible"

Puente arrefría o traspaso da AP-9 a Galicia: "É tremendamente difícil"
16/10/2024 13:35
Avisou de que resulta "difícil" o encaixe económico e xurídico de chegar a unhas bonificacións do 100 % dos ingresos da autoestrada, xa que na práctica equivalería a rescatala
Dixo que a mellor alternativa é mitigar o importe das peaxes dentro das dispoñibilidades orzamentarias e con bonificacións aos usuarios
O Pleno do Congreso aproba unha iniciativa do BNG na que esixe ao Goberno que inicie os trámites da anulación da prórroga da AP-9

O Goberno amplía esta semana os descontos das peaxes na Autoestrada do Atlántico
13/10/2024 21:00
Os principais beneficiarios serán os usuarios recorrentes que fan polo menos 20 viaxes ao mes
Pagarán a metade do traxecto de ida e seguirán tendo a volta gratuíta nas 24 horas seguintes
A asociación de usuarios En Colectivo celebra o anuncio das bonificacións, pero reclama a gratuidade

A Xunta remite ao Ministerio de Transportes o estudo que cifra en 2.355 millóns o rescate da AP-9
06/09/2024 18:34
Ademais do estudo, enviaron un informe xurídico e unha carta da conselleira María Martínez Allegue en que se solicita unha reunión con Puente
A Xunta calcula que rescatar a AP-9 custaría menos da metade do estimado polo ministro

O Goberno defende ante a UE a prórroga das peaxes da AP-9 porque a concesionaria era pública
23/08/2024 17:40
Recuperar a titularidade pública suporía, segundo o ministerio de Transportes, uns 6.000 millóns de euros
En-Colectivo urxe o rescate e di que sería menos gravoso que seguir pagando ata finais de 2048

O proxecto de conversión do corredor Brión-Noia en autovía recibe o informe ambiental favorable
02/08/2024 15:48
A primeira parte do proxecto conectará o final da autovía AG-56 Santiago-Brión e o tramo Martelo-Noia

Os condutores que circulan polas autovías A-6 e A-52 quéixanse das condicións do asfalto
21/07/2024 10:14
O Goberno está a investir este verán en Galicia 23 millóns de euros na reparación de 534 quilómetros de estradas

Debate político en Galicia sobre a titularidade ou a defensa da gratuidade da AP-9
16/06/2024 22:27
O conselleiro de Presidencia di confiar en que o PSdeG consiga que o Goberno acceda á transferencia da Autoestrada do Atlántico
O líder dos socialistas galegos Xosé Ramón Gómez Besteiro defende a gratuidade da AP-9 e pídelles a PP e BNG que apoien uns orzamentos do Estado que inclúan bonificacións do 75 % das peaxes

16/06/2024 09:14
O conselleiro da Presidencia di confiar en que o PSdeG consiga que o Goberno acceda á transferencia da Autoestrada do Atlántico
Avanza que no mes de xuño terá unha reunión co comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico Noroeste

A Xunta prevé adxudicar o último treito da nova autovía Nadela-Sarria o ano que vén
05/06/2024 14:41
Acaba de sacar a información pública as obras deste segundo e último treito da nova autovía AG-22, os 13 quilómetros e medio que unen Nadela coa Pobra de San Xiao, en Láncara

O plan do Corredor Atlántico prevé máis de 4.500 millóns de euros para Galicia ata 2030
16/05/2024 15:35
Así o anunciou o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente
Destinaranse 3.555 millóns no ámbito ferroviario, 801 en infraestruturas viarias e 293 en portos
Alfonso Rueda avogou por deixar de lado as ideoloxías para conseguir melloras que beneficien a todos
.png)
Expectación en ambos os lados da raia ante a redución das peaxes en Portugal
05/05/2024 14:26
Multiplicaranse os movementos e reforzará a economía das familias

O BNG reclama que o Estado impulse as infraestruturas e mellore as estradas nacionais
04/05/2024 13:48
Militantes do BNG participan nunha caravana para reivindicar que o Goberno repare as vías
Considera que o mantemento é deficiente e que repercute na falta de seguridade

Pode condicionar a mobilidade en Galicia a eliminación de peaxes en autovías portuguesas?
03/05/2024 14:41
O Parlamento luso aprobou volver á gratuidade previa ao ano 2011

Portugal elimina as peaxes nas autovías, incluídas as que conectan con Galicia
02/05/2024 18:55
Desde o un de xaneiro xa non haberá que pagar os actuais dous euros e 40 céntimos por ir de Galicia ao Porto en coche

Óscar Puente garante que nesta lexislatura non se vai pagar polo uso de autovías
24/04/2024 11:24
O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible reprocha ao PP que as peaxes de autoestradas que aínda se pagan son pola súa responsabilidade ao prorrogar concesións

Peaxes, enganos e desenganos, por María Bastida
18/04/2024 08:07

O Supremo rexeita compensar a Audasa polas perdas sufridas durante a pandemia
16/04/2024 12:40
A concesionaria da autoestrada reclamou inicialmente 46,1 millóns de euros
O Alto Tribunal lembra: "A concesionaria non pode gañar sempre o que quere"

Buscan un condutor que circulou en dirección contraria pola AP-9 en Ferrol
06/04/2024 17:47
Percorreu polo menos un quilómetro desde a rotonda do barrio naronés de Freixeiro

Aprobado o anteproxecto da vía que conectará a Terceira Rolda da Coruña coa AP-9
06/04/2024 12:26
O novo treito pretende reducir os problemas de conxestión de tráfico nas horas punta de entrada e saída da cidade

A autoestrada AP-9 carece de puntos de recarga para vehículos eléctricos
30/03/2024 13:52
Audasa prevé crear unha rede de subministración propia, pero non hai data para a súa implantación

Ethel Vázquez: "As compensacións polos atrasos nos AVRIL son insuficientes"
10/03/2024 11:12
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións pídelle ao Goberno igualdade de trato con Asturias
Aponlle ao Ministerio de Transportes falta de seriedade para solucionar os problemas da A-6
Cifra en 28.000 as persoas maiores de 65 anos que en xaneiro usaron a Tarxeta de Mobilidade de Galicia

Abre ao tráfico o segundo treito da vía de altas prestacións Tui-A Guarda
28/02/2024 15:15
Alfonso Rueda comprometeuse a licitar antes de fin de ano o seguinte tramo ata Tomiño

A lei de mobilidade sostible volve pechar a porta a pagar por circular por autovías
13/02/2024 14:02
O ministro de Transporte recorda que é un compromiso ao que se chegou coa UE a cambio de potenciar os servizos ferroviarios de mercadorías
A lei permitirá aos concellos establecer peaxes polo acceso dos vehículos a determinadas áreas

07/02/2024 16:13
Foi a resposta de Óscar Puente a unha pregunta do popular Jaime de Olano na que denunciaba o "agravio" a Galicia "tamén nas estradas"

O Goberno asegura que o remate da A-54 é "inminente"
06/02/2024 21:07
O ministro de Transportes Óscar Puente avanza que o viaduto do Pambre está rematado
Douscentos trinta e cinco traballadores e sesenta e cinco máquinas traballan nos últimos dous treitos

Piden que se conxelen os prezos da AP-9 ata que se resolva a legalidade da prórroga
31/12/2023 14:23
A Plataforma En Colectivo considera un agravio comparativo os incrementos nas autoestradas galegas

O PPdeG critica as subas dos prezos das autoestradas galegas anunciadas polo Goberno central
30/12/2023 16:52
O Ministerio de Transportes sinala que a AP-9 encarecerá un 6,55 % e a AP-53, algo máis dun 5 %

As autoestradas Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo tampouco subirán as peaxes en 2024
14/12/2023 13:57

Ethel Vázquez: "Pedímoslle ao Goberno un xiro de 180 graos na política de infraestruturas"
10/12/2023 10:12
A conselleira de Infraestruturas pídelle ao Ministerio de Transportes o levantamento da peaxe da AP-53
Aponlle ao BNG que renunciara a pedir a transferencia da AP-9 e agarda que Gómez Besteiro non sexa "comparsa do Goberno"

Os usuarios da A-52 quéixanse do mal estado do asfalto
04/12/2023 15:30
A pesar das melloras realizadas, na autovía das Rías Baixas segue habendo treitos con fochancas que supoñen un risco para a circulación

Comezan os primeiros cortes por obras na A-55
01/12/2023 16:37
Este venres comezaron os primeiros cortes na autovía de Tui-A Guarda

Acumúlanse os atrancos para circular pola A-6
01/12/2023 14:49
O tráfico volve atravesar polo centro de Pedrafita do Cebreiro.
Os condutores están indignados con mal estado do firme.

As obras da A-55 obrigan a cortar o tráfico entre Tui-A Guarda
28/11/2023 17:36
Os cortes realizaranse o venres 1 e luns 4

Mobilización dos veciños afectados polas obras da A-57 en Pontevedra
21/11/2023 16:22
A veciñanza das parroquias pontevedresas de Bora e Xeve denuncian que o novo tramo previsto, entre A Ermida e Pilarteiros, levará por diante casas, terreos e negocios

Reabre o treito da Autovía do Morrazo que estaba pechado
07/11/2023 21:02
O paso da borrasca Domingos causou un desprendemento en dirección Cangas

A autovía do Morrazo segue cortada en dirección Cangas
06/11/2023 16:43
O peche é á altura de Domaio por un desprendemento de terra

A Xunta conxela por segundo ano consecutivo as peaxes das autoestradas de titularidade autonómica
30/10/2023 13:24
Vázquez resaltou que é unha medida que "xa aplicou e volve aplicar" o Goberno galego, e que afecta a AG-55 (A Coruña-Carballo) e a AG-57 (Vigo-Baiona)