Contido coa etiqueta .
Aviso Amarelo

Alerta amarela por temporal no litoral da Coruña e as Rías Baixas e por frío no sur de Ourense
18/01/2025 22:30
En Ourense os termómetros poden chegar a alcanzar os -4 graos
As temperaturas máximas baixan de forma xeneralizada este domingo, no que nove comunidades autónomas están en aviso por frío e neve

A Coruña e Pontevedra activan aviso amarelo por choivas de 40 litros en doce horas
10/01/2025 08:54
Na Coruña as zonas que estarán baixo aviso por fortes precipitacións serán o noroeste, suroeste e zona oeste, mentres que a alerta en Pontevedra afectará o interior da provincia

O temporal obriga a pechar parques ata o mércores en varios concellos
07/01/2025 19:48
Ventos de máis de 120 km/h nunha xornada de alerta laranxa previa a un mércores con fortes chuvias e ventos

Unha borrasca profunda deixa chuvias e ventos fortes na véspera dos Reis
05/01/2025 08:15
MeteoGalicia activou o aviso laranxa a partir do mediodía por vento do suroeste na Costa da Morte e no litoral noroeste da Coruña
Hai aviso amarelo por precipitacións importantes na provincia de Pontevedra, no oeste e suroeste da Coruña e no sur de Ourense
En Muras houbo de madrugada refachos de vento de 138 quilómetros por hora e en Lousame acumuláronse 80 litros/m2

A fronte que atravesa Galicia deixa 2.500 raios nas últimas horas e provoca 76 incidencias
01/12/2024 21:32
Inundacións, desprendementos, cortes de luz e atrasos nos trens foron as mais habituais este domingo
Un raio esnaquizou un campanario en Cospeito

A borrasca explosiva Bert activa distintos avisos por chuvia e vento en toda Galicia
24/11/2024 12:28
Xa se rexistraron ventos de máis de 150 quilómetros por hora en Vimianzo
O litoral está en aviso laranxa por ventos fortes, e haberá refachos de máis de 100 km/hora en puntos altos e amplíase á Mariña e á montaña de Ourense
A chuvia intensa con avisos laranxas e amarelos chegará pola tarde no litoral da Coruña, no de Pontevedra e no sur desta provincia
Desde as 18 horas e ata a medianoite poden acumularse precipitacións de ata 40 litros por metro cadrado, e de 20 litros nunha hora
Emerxencias pídelle á poboación que extreme as precaucións

A borrasca Caetano obriga a activar avisos laranxas e amarelos por vento e chuvia en Galicia
20/11/2024 17:36
Haberá un forte temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo, polo que cómpre manterse afastado da costa
Meteogalicia informa de ventos de máis de 80 quilómetros por hora e precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado

Avisos este martes por choiva, vento e temporal costeiro pola chegada de Kirk
07/10/2024 17:17
Haberá aviso laranxa nas provincias de Pontevedra e A Coruña con choivas de 80 litros por metro cadrado en 12 horas e ventos de ata 80km/h
Ourense e as montañas de Lugo estarán baixo aviso amarelo cunha previsión de 40 litros por metro cadrado en 12 horas

A chuvia superou os 90 litros por metro cadrado e segue activo o Plan Inungal
05/10/2024 20:03
Segue o aviso amarelo por chuvia no sur de Galicia
A central de emerxencias do 112 comunicou que non se rexistraron incidencias de consideración
O municipio onde máis choveu foi Lousame, con 90,7 litros por metro cadrado, seguido de Cuntis, con 80,9 litros, e Boiro, con 80,3 litros por metro cadrado
Refachos de vento de 94 quilómetros por hora en Viveiro

O temporal de chuvia provoca inundacións en Tarragona, Valencia e Zaragoza
21/09/2024 21:07
Cinco comunidades seguirán en alerta este domingo
En Salou houbo que cortar ao tráfico a estrada N-634

Aviso amarelo por treboadas e chuvascos no interior de Galicia
20/09/2024 14:10
A choiva está sendo moi ben recibida sobre todo na raia con Portugal, afectada polo fume

Activado o aviso laranxa por choivas en Barcelona e Tarragona
08/09/2024 11:01
Tamén hai aviso amarelo por precipitacións e tormentas nas Baleares

A metade de Galicia, en aviso por temperaturas que poden achegarse aos 42 graos na conca do Miño
10/08/2024 14:32
A vaga de calor remata este domingo coa chegada dunha masa de aire frío
A próxima semana as temperaturas serán algo baixas para o mes de agosto

Alerta amarela pola calor na comarca de Valdeorras e na conca do Miño
07/08/2024 17:52
Prevese que a vaga de calor teña unha duración de tres días
Alcanzaranse temperaturas de ata 36 graos en Petín
A vaga de calor que afectará a España será das máis cálidas desde que hai rexistros

Nova xornada de calor na conca ourensá do Miño
04/08/2024 20:34
Ourense volveu estar en aviso amarelo polas altas temperaturas
A conca do Miño e Valdeorras subiron esta tarde dos 36 graos
As noites, tamén calorosas, dificultan o descanso

Activados avisos por calor en dez comunidades, con máximas por riba dos 40 graos
04/08/2024 08:58
En Galicia agárdanse máis de 36 graos na conca do Miño en Ourense e Pontevedra

Nove comunidades manteñen activado o aviso por altas temperaturas
03/08/2024 08:56
O risco será importante na illa de Gran Canaria, cos termómetros por riba dos 37 graos

Un "rebentón húmido" de auga e raios causaron incidencias este luns en Lugo e Ourense
29/07/2024 17:01
A capital e a montaña de Lugo foron as zonas máis afectadas polas treboadas, con 33 litros no Cebreiro
Tamén houbo vento, 102 km/h en Burela, e calor abafante, con 38,7º en Salceda de Caselas

Seis comunidades autónomas activan o aviso amarelo por calor, e Galicia por choivas intensas
14/07/2024 10:38
Agárdanse ata 38 graos de temperatura máxima nalgúns puntos do interior de Valencia
As precipitacións afectarán ás provincias da Coruña e Pontevedra a partir das 21:00 horas

Aviso amarelo en Ourense e interior de Lugo por treboadas
26/06/2024 13:51
O aviso sobe a laranxa na zona da montaña luguesa, onde podería caer pedrazo

Aviso amarelo en zonas da Coruña por choivas que poderán superar os 40 l/m2 en 12 horas
17/06/2024 07:55
A xornada arrinca cos ceos moi nubrados e chuvias no litoral atlántico localmente fortes que progresivamente se estenderán polo país

Activado o aviso amarelo por tormentas fortes con sarabia no sur de Galicia
08/06/2024 09:37
Entre as 15:00 e as 21:00 horas agárdanse treboadas e chuvias intensas en varios puntos
Unha tromba de auga e pedrazo complica a circulación na A-52 á altura de Ponteareas

Remite a chuvia, pero continúa activo o plan especial ante o risco de inundacións
05/05/2024 08:20
Ata as doce do mediodía houbo aviso amarelo por precipitacións abundantes na provincia de Pontevedra e no suroeste da Coruña

Media Galicia, baixo aviso amarelo por chuvia e vento
03/05/2024 20:38
Vento de máis de 80 quilómetros por hora e máis de 40 litros de chuvia ata o mediodía
Boa parte da frota quedou amarrada

Avisos amarelos ata o sábado por forte vento e choiva na Coruña, Pontevedra e Lugo
02/05/2024 20:28
A fronte comezará a abandonar progresivamente Galicia ao longo da fin de semana

Activado o aviso laranxa na Costa da Morte por temporal no mar
06/04/2024 14:06
O resto de litoral coruñés e o de Pontevedra tivo aviso amarelo por ondas de 4 a 5 metros

A borrasca Nelson deixa centos de incidencias por neve, chuvia e vento
31/03/2024 21:09
Este domingo houbo dez comunidades autónomas con aviso amarelo
En Menorca unha persoa faleceu e outras seis foron rescatadas despois de envorcar a embarcación en que navegaban

Esta tarde actívase o aviso amarelo por mar de vento no litoral da Coruña
30/03/2024 20:27
Nas montañas de Lugo e de Ourense as nevaradas van continuar a partir dos 900 metros

Galicia, en aviso amarelo por vento e laranxa en todo o litoral
26/03/2024 20:20
Zonas de montaña e do interior rexistran temperaturas por debaixo dos -5 graos

Aviso amarelo no litoral e varias incidencias nas estradas galegas
10/03/2024 16:06
A caída dunha árbore obriga a cortar, de xeito parcial, a estrada N-IV en Lugo
O derrubamento dun noiro interrompe a circulación na LU-P-4103 en Ribas de Sil

Continúa a busca de tres persoas desaparecidas nas Canarias e Barcelona durante o temporal
10/03/2024 14:36
En Gran Canaria buscan dous menores que saíron pescar o venres
A alerta por neve mantense no Pireneo navarro e aragonés

A cota de neve sobe aos 1.000 metros e Manzaneda abre dezaoito pistas
10/03/2024 09:24
Cómpre circular con precaución polas estradas da montaña de Lugo e Ourense, onde houbo acumulacións importantes
A estación de Manzaneda abriu ao público con dezaoito pistas e case catorce quilómetros esquiables

A chegada dunha nova fronte a Galicia activa varios avisos por temporal
03/03/2024 22:18
A Xunta mantén activo o Plan Inungal ante o risco de inundacións, con máis dunha decena de ríos e sete rías en seguimento
A cota de neve baixa ata os 900 metros e as temperaturas mínimas subirán lixeiramente

Mantense o aviso amarelo por neve en Navarra e Asturias
03/03/2024 20:36
A fin de semana deixou neve, vento e chuvia e numerosas incidencias viarias
Parte do litoral catalán ten activado o aviso laranxa polo estado do mar

A neve mantén as montañas de Lugo e Ourense en aviso amarelo
02/03/2024 14:16
A vía que vai ao poboado do Cebreiro está pechada para o tráfico de camións
Hai dificultades para circular por algúns puntos da A-6 e da A-52

O temporal deixa 200 incidencias, ríos rebordados e atrancos no transporte
25/02/2024 09:44
Interrompida a circulación ferroviaria entre Ponte Mera-Cerdido e Ortigueira-Viveiro
Reborda o río Basteiro no concello de Neda e o Landro obriga a cortar a estrada LU-161 en Viveiro
Desviado un avión en Peinador polo vento e suspendido o transporte marítimo entre Vigo e Cangas

Karlotta deixa máis de 270 incidencias con refachos de ata 200 km/h
08/02/2024 09:41
A caída de árbores interrompeu a circulación do tren Ferrol-Ribadeo e provocou atrasos na circulación do Eixo Atlántico
Problemas no tráfico aéreo en Alvedro e na Lavacolla

Galicia viviu a noite máis xélida dende que comezou o ano
20/01/2024 08:39
O aviso amarelo por frío mantívose activado ata o mediodía na comunidade
Sarria, Calvos de Randín ou Baltar rexistraron as temperaturas máis baixas

16/01/2024 08:47
Meteogalicia activou aviso laranxa por ventos no litoral coruñés e nas Rías Baixas a partir desta tarde
No oeste e suroeste da Coruña e no sur de Ourense espéranse acumulacións de chuvia de 40 litros en 12 horas
Na Costa da Morte e nas Rías Baixas prevense ondas de 4 a 5 metros

Unha fronte asociada á borrasca Hipólito activa o aviso amarelo no oeste
14/01/2024 09:49
Nas provincias da Coruña e Pontevedra agárdase unha precipitación acumulada de 50 mm en doce horas