Contido coa etiqueta .
Comunidade Valenciana

A veciñanza de Valencia lembra as vítimas da DINA dous meses despois da traxedia
29/12/2024 14:53
Foi un acto multitudinario en que se gardou un minuto de silencio polas 223 persoas falecidas
Bautizaron cunha placa a "Ponte da Solidariedade", en agradecemento ao voluntariado que cruzou esa ponte para axudar

Tres persoas continúan desaparecidas en Valencia, dous meses despois da DINA
28/12/2024 13:50
Este domingo haberá unha nova manifestación para esixir a dimisión de Mazón

20/12/2024 20:10
A terminación 29 foi a máis pedida, xa que foi o día no que se produciron as inundacións
Os loteiros das localidades afectadas reciben pedidos de toda España

A rifa política pola dina obriga a suspender uns minutos o pleno das Cortes Valencianas
19/12/2024 15:17
Carlos Mazón: "Eu quedei en Paiporta co rei, outros non"
A sesión volveuse tensa polas acusacións mutuas entre o PP e a oposición de PSOE e Compromís, con berros de "Mazón dimisión"

O PP dá luz verde á comisión de investigación no Senado sobre a DINA, co apoio do PSOE
18/12/2024 12:55
É a terceira comisión de investigación impulsada polos populares na Cámara Alta, tras a de Koldo e o CIS

A Fiscalía apoia que se investigue a responsabilidade penal de Mazón pola DINA
17/12/2024 17:08
Acumula nunha mesma causa as sete denuncias e querelas interpostas contra o 'president' da Generalitat Valenciana, ao tratar "sobre os mesmos feitos"

As Forzas Armadas atopan un cadáver en Paiporta preto dun vertedoiro
12/12/2024 11:35
Tres homes e unha muller seguen desaparecidos desde o 29 de outubro

Os reis presiden o funeral polas vítimas da DINA na Catedral de Valencia
09/12/2024 20:01
Na parte central do templo seguiron a cerimonia máis de 400 familiares das vítimas
A catedral quedou pequena para acoller a cerimonia convocada polo arcebispo da diocese

Centos de persoas voluntarias volveron esta ponte ás zonas máis afectadas pola DINA
08/12/2024 20:17
En Paiporta, os traballos centráronse na limpeza de rúas e garaxes
Tamén tentan acondicionar o auditorio local da vila

O Goberno abrirá 9 unidades de saúde mental para a atención dos damnificados pola DINA
04/12/2024 13:13
Cada unidade contará 4 profesionais sanitarios e non sanitarios en cada unha, ao que se sumará un psicólogo clínico e un psiquiatra por cada 3 unidades
Pola súa banda, en Letur (Albacete) despregarase unha unidade para brindar atención á poboación afectada
Estarán operativas durante un período mínimo dun ano, coa posibilidade de estenderse o tempo que sexa preciso

Unha marea humana esixe en Valencia a dimisión de Mazón pola xestión da DINA
30/11/2024 20:28
É a segunda manifestación desde o 29 de outubro, un mes despois dos estragos das inundacións
Os lemas máis repetidos entre os participantes na protesta: "Mazón dimisión" e "Mazón a prisión"

Un mes da DINA en Valencia: as claves dun desastre inédito
29/11/2024 09:53
O reconto de perdas humanas e de danos materiais nos eidos ambiental, económico, social, deportivo e cultural dá conta da distancia que queda ata recuperar a normalidade
Resumo da xestión política e do incipiente percorrido xudicial no primeiro mes despois da traxedia

Mazón di que o seu novo Consell é o "necesario" ante o "peor desastre natural do século"
26/11/2024 12:27
O president da Generalitat presidiu a toma de posesión dos catro novos consellers, tras a destitución de Salomé Pradas e Nuria Montes, apartadas do Goberno despois da DINA
Segundo Mazón, as tarefas de reconstrución "teñen que ser e son a primeira e absoluta prioridade"

Investigan a derruba do colexio de Massanassas en que morreu un traballador
25/11/2024 14:50
Desde a ANPA lamentan o sucedido e pensan que se puido evitar
A derruba no colexio de Massanassa sementou dúbidas noutros concellos

Morre un operario de Tragsa ao colapsar o tellado dun colexio afectado pola DINA en Valencia
24/11/2024 13:58
Outra persoa feriuse de gravidade tras caer parte do edificio, que estaba precintado, en Massanassa
Defensa asegura que militares da UME que estaban no interior están ben
Pedro Sánchez trasladoulle a súa solidariedade á familia e amigos do traballador falecido

Perdas millonarias nos cultivos de arroz apedrados pola DINA na Albufeira
23/11/2024 14:38
En Valencia, continúa a busca das cinco persoas desaparecidas
Segundo o último reconto oficial, faleceron un total de 221 persoas
O impacto da catástrofe no territorio terá consecuencias a longo prazo

A comida de Mazón e Vilaplana o día da DINA abordou temas profesionais e non se falou do temporal
22/11/2024 08:01
Desde a contorna da comunicadora afirman que o presidente non lle trasladou preocupación polas choivas

As familias de Paiporta esixen ao Goberno valenciano a volta ás aulas con garantías
20/11/2024 20:48
Dos máis de 90 centros afectados pola DINA, só 12 volveron abrir

Ribera revela que a conexión co Cecopi "pasou a negro" a tarde da DINA
20/11/2024 16:34
A vicepresidenta terceira explicou no Congreso que os respresentantes da Delegación do Goberno, Aemet e a Confederación Hidrográfica do Júcar non puideron participar nas discusións sobre como afrontar a alerta entre as seis e as sete da tarde
Fontes do PP negan que se desconectase a comunicación e din que puido haber un fallo técnico

Feijóo contrapón a Mazón fronte ao Goberno: "Eu quedo cos que asumen erros e tentan mellorar"
20/11/2024 10:09
O presidente do Partido Popular di que Mazón "acepta que as cousas se puideron facer mellor", mentres Sánchez "se ausenta" e "promove" a Ribera

Un equipo da TVG acompaña unha patrulla da Policía Local polas zonas desvastadas de Paiporta
19/11/2024 14:30
Os axentes, voluntarios, explicaron que a súa misión é atender os veciños no que necesiten

O tenente xeneral Francisco José Gan Pampols asume a Vicepresidencia da Recuperación
19/11/2024 08:57
Esta vicepresidencia créase para centralizar todas as accións do Consell encamiñadas á recuperación e normalización económica e social da provincia de Valencia
Liderou parte da reconstrución de Afganistán e foi director do Centro de Intelixencia das Forzas Armadas

A vicepresidenta Susana Camarero asume a portavocía do Goberno valenciano
17/11/2024 20:20
Substitúe a conselleira de Facenda, Economía e Administración Pública, Ruth Merino, que exercía este cargo ata o de agora

Massanassa intenta recuperar a normalidade e agradece o labor do voluntariado
17/11/2024 14:48
Alumnos da Escola da Policía Nacional de Ávila limpan as rúas
Os bombeiros desaloxaron unha casa nas últimas horas
Un home que estivo desaparecido tres días rememora o vivido

Puente admite que o Goberno considerou tomar o mando en Valencia ante o "desconcerto"
17/11/2024 12:16
Mazón insiste en que "non estaba incomunicado" o día da DINA e pide que paren as "loiadas sobre a súa actuación" na catástrofe

Soben a 227 as vítimas mortais pola DINA e 13 persoas seguen desaparecidas
17/11/2024 08:34
Este domingo localizaron o corpo sen vida dun home no municipio de Riba-roja

16/11/2024 16:26
Desde a axencia meteorolóxica afirman que mesmo sinalaron o risco onde non chovía, como Paiporta
A UME asegura que se puxo en marcha en Valencia "horas antes de recibir ordes oficiais"
Mazón asegura que asumirá as consecuencias se non é quen de liderar a recuperación

A UME asegura que se activou en Valencia ás 15:41 do día 29, "horas antes de recibir ordes oficiais"
16/11/2024 12:39
"Din que a verdade padece pero non perece", proclamou o xeneral xefe da Unidade Militar de Emerxencias
Asegura que se despregaron cando viron que a "situación se estaba poñendo francamente difícil" polas inundacións que estaban a producirse pola DINA

15/11/2024 17:40
Mazón recoñece que "houbo cousas que non se fixeron ben" e afirma: "Non eludirei responsabilidades"
A oposición reclama a dimisión do presidente valenciano

15/11/2024 15:00
A busca dos 16 desaparecidos céntrase na zona da Albufera e no mar

Rueda agradece o traballo dos efectivos galegos que estiveron en Valencia
15/11/2024 14:48
Aseguran que o vivido en Valencia non ten comparación con ningunha outra traxedia na que colaboraron

Mazón recoñece que "houbo cousas que non se fixeron ben" e afirma: "Non eludirei responsabilidades"
15/11/2024 08:35
O presidente valenciano afirma que "non contaron con información suficiente e a tempo" sobre a riada
Mazón promove a creación dunha comisión de investigación en Les Corts sobre a DINA e pide outra no Congreso
As explicacións de Carlos Mazón chegan 17 días despois da catástrofe, que deixou ata o momento 216 mortos, 16 desaparecidos e danos multimillonarios en Valencia
Mazón anuncia a creación dunha nova "vicepresidencia para a recuperación económica e social" e unha Consellería de Emerxencias e Interior

O Goberno valenciano elimina as restricións ao baixar o risco de forte choiva
14/11/2024 13:31
Levántanse as restricións á mobilidade e mañá volverá haber clases, reabre a A7 e retómanse os servizos de alta velocidade

A ONG Recycling de Lalín recolle bicicletas para levar a Valencia
14/11/2024 12:36
Recollerán bicis ata o día 29 de novembro e buscan puntos de recollida na Coruña e en Pontevedra

Baixa a laranxa o aviso da AEMET no litoral de Valencia, onde o peor da DINA xa pasou
14/11/2024 08:11
Ata as 12:00 horas deste xoves espéranse acumulados de 40 litros por metro cadrado nunha hora e 100 l/m² en doce horas
As autoridades restrinxen o tráfico e recomendan quedar na casa

13/11/2024 20:31
Margarita Robles ofrece os 120.000 efectivos das Forzas Armadas para traballos de limpeza e reconstrución
Torres reivindica a xestión do Goberno e insiste en apuntar a Mazón por tardar en reaccionar

Atopan os corpos dos nenos desaparecidos durante a DINA en Torrent
13/11/2024 10:09
Foron atopados en dúas localidades diferentes, situadas a uns quilómetros do municipio

O rei anuncia que as súas visitas á zona afectada pola DINA serán unha constante
12/11/2024 20:46
O monarca regresou a Valencia para visitar o contixente militar despregado

Retirada contra o reloxo da lama ante a chegada doutra DINA con oito comunidades en alerta
12/11/2024 20:34
Suspendidas as clases en 40 concellos valencianos en previsión de forte chuvia
O balance oficial sobe ata os 215 falecidos e seguen desaparecidas 17 persoas
A Aemet activa o aviso vermello en Málaga, con suspensión de clases en varias comarcas e desaloxos en cinco concellos

Valencia busca recuperar a actividade dúas semanas despois da DINA
12/11/2024 14:53
Este xoves reabrirase a totalidade da autovía A-7 e recupéranse os servizos de alta velocidade entre Madrid e Valencia