Contido coa etiqueta .
Valencia

Morre un operario que traballaba na limpeza dun edificio afectado pola dina en Benetússer
18/01/2025 16:10
Outra persoa quedou ferida na derruba que se produciu na escaleira dun garaxe
"No fatal desenlace concorreron varias circunstancias, como defectos de orixe na construción da escaleira e a humidade ocasionada pola riada do pasado 29 de outubro", informou o Concello

Unha cabalgata solidaria chega aos concellos afectados pola DINA en Valencia
04/01/2025 20:35
Protagonizada por embaixadores do Reis Magos, encheu de cativos as rúas de Sedaví, Benetússer, Paiporta, Picanya, Massanassa, Alfafar, Catarroja e Albal
Repartiron entre os pequenos 5.000 xoguetes e 4.000 doces para agradecerlles a súa fortaleza ante a adversidade

Detido en Valencia acusado de agredir sexualmente varias menores amigas da súa filla
03/01/2025 10:35
É un home de 32 anos a quen se lle atribúe dous delitos de agresión sexual a menores de 16 anos, tenza e produción de pornografía infantil e usurpación de estado civil
Atopáronse máis de 11.000 arquivos dixitais de contido pedófilo, almacenados en diferentes dispositivos electrónicos

Os municipios valencianos afectados pola DINA logran 2,7 millóns de euros en premios
22/12/2024 14:32
A sorte chegou tamén á administración de lotaría do centro comercial que quedou co aparcadoiro anegado pola DINA en Aldaia

Soben a 223 as vítimas mortais pola dina en Valencia tras identificar o corpo dun cidadán marroquí
20/12/2024 20:35
Os expedientes activos por desaparición descenderon de catro a tres como consecuencia desta identificación

Diana Morant, única candidata á secretaria xeral do PSPV-PSOE
17/12/2024 12:19
Será a líder no 15 Congreso Nacional do partido, que se levará a cabo na cidade de Valencia nos próximos 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro
.png)
Os reis asisten este luns en Valencia ao funeral polas vítimas da DINA
08/12/2024 20:23
A misa, organizada polo Arcebispado de Valencia en memoria das 222 persoas falecidas comezará ás 19 horas
Esta será a terceira ocasión na que os reis acudirán a Valencia tras a traxedia

Detido un exresponsable da Garda Civil do Porto de Valencia por narcotráfico
05/12/2024 17:59
Atribúenselle delitos de suborno, branqueo, organización criminal e omisión do deber de perseguir delito
O xuíz que aprobou a querela para a súa detención é o mesmo que investiga o exxefe da UDEF que agochaba 20 millóns de euros nas paredes da súa casa

Ábalos reprocha ao Goberno que non declarase a emerxencia nacional para facer fronte á DINA
28/11/2024 19:01
Presenta 26 preguntas para saber aspectos como que despregadura de medios fixo o Executivo ou que información achegaron os diferentes organismos sobre o risco existente de riadas
Ao seu xuízo, con esta decisión o Executivo podería crear un "mando único" e primar a "eficacia" e a "capacidade de resposta"

21/11/2024 19:48
Patrullas da Policía Local de Vigo participan nas tarefas de recuperación
"Pola xente que estamos identificando observamos que vén xente de Santander, Galicia, Asturias. Son persoas que veñen facer actos de saqueo. Son persoas que se dedican á ferralla", contan
Aumentan a 221 as vítimas mortais da DINA, que deixa aínda 7 desaparecidos

Tarefas de limpeza e reencontros familares en Valencia logo da DINA
18/11/2024 21:35
A cifra de vítimas mortais mantense en 219 e os desaparecidos baixan a 11

Retoman a limpeza en Valencia tras as últimas alertas de mal tempo
15/11/2024 19:42
Aumentan a 217 as vítimas mortais e retómase a busca dos 14 desaparecidos sen esperanzas de atopar superviventes
Os veciños da zona cero ven aínda moi lonxe a volta á normalidade

Atopan os corpos dos nenos desaparecidos durante a DINA en Torrent
13/11/2024 10:09
Foron atopados en dúas localidades diferentes, situadas a uns quilómetros do municipio

Mazón evita responder sobre cambios no seu Goberno: "Seguimos centrados na reconstrución"
11/11/2024 10:02
O president da Generalitat afirmou este luns que levan tres días solicitando ao Goberno camións de desatasco de rede de sumidoiros para evitar "problemas graves de saúde pública" nas zonas afectadas polas inundacións da DINA e "non chegan".

Varios tatuadores ofrecen en Lugo os seus servizos para recadar cartos para Valencia
09/11/2024 20:42
A recadación utilizarase para mercar produtos que necesiten os afectados pola riada
A iniciativa contou coa solidariedade dos lucenses

Os traballos de limpeza en Valencia refórzanse esta fin de semana con milleiros de voluntarios
09/11/2024 20:17
A Generalitat valenciana coordinou o envío de 2.800 persoas aos diferentes concellos que o precisan para cubrir as necesidades
Na última semana mobilizaron máis de 15.000 voluntarios

Mazón di que non lle constan as chamadas da ministra Ribera o día da DINA
09/11/2024 19:42
Margarita Robles asegura que o Exército non abandonará Valencia mentres faga falta e que non se faga caso a rumores
Grande-Marlaska sinala que o sistema Es-Alert xa fora activado máis de cincuenta veces en distintas comunidades

Miguel Tellado acusa o Goberno de España de sacar tallada política da crise da DINA
09/11/2024 14:37
O voceiro do PP no Congreso culpa a Pedro Sánchez de deixar soa a Generalitat Valenciana

O rei volverá á Comunidade Valenciana o martes para visitar ás unidades militares
08/11/2024 17:47
Visitará os membros do Exército que están a axudar tras a DINA na base militar Jaime I de Bétera, no buque de asalto anfibio Galicia no porto de Valencia e na base loxística principal do Exército de Terra

Bloquean a web "ayudavalencia.es" por indicios de fraude
08/11/2024 11:26
O Goberno Central puxo á disposición da cidadanía novas contas en redes sociais (@InfoDanaGob) para ofrecer información oficial actualizada sobre as medidas e axudas derivadas da DINA

Continúa a recollida de produtos non perecedoiros para enviar aos afectados pola DINA
03/11/2024 20:04
En Ferrol, a confraría da Merced sumouse ás entidades que organizaron recollidas
En Santiago, Protección Civil continúa recibindo doazóns ata o mércores

Aemet activa o aviso vermello en Valencia por risco importante de chuvia torrencial
03/11/2024 16:38
Vixente no litoral sur desde as 18:00 horas ata as 23:00 por precipitacións de 90 litros por metro cadrado
Emerxencias da comarca da Safor avisa por móbil a poboación do nivel vermello por chuvia

Lanzan obxectos e lama aos reis, Sánchez e Mazón ao berro de "asasinos" na súa visita a Paiporta
03/11/2024 13:33
O rei Filipe VI intentou mediar cos veciños mentres a tensión se incrementaba na zona, pero tivo que marchar despois de varios minutos
O monarca, tras reunirse coas Emerxencias de Valencia: "Hai que entender o enfado, polo mal que o pasaron"
Tras os primeiros disturbios as forzas de seguridade evacuaron o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras recibir, conforme fontes do Goberno, un golpe cun pau nas costas
Os incidentes obrigaron a que polo momento a visita prevista a Chiva quede cancelada

Miles de persoas preséntanse voluntarias para axudar nos labores de limpeza
02/11/2024 08:35
A Generalitat coordina os grupos de voluntariado que estes días van traballar nas zonas afectadas

Restablecida a subministración eléctrica no 94 % dos puntos afectados
02/11/2024 08:08
Recupéranse a metade das 550.000 liñas telefónicas cortadas e instálanse equipos portátiles de conexión wifi
Retiráronse máis de 2.000 vehículos danados e "centos de toneladas" de entullos e lodo das estradas
Restrinxida a circulación nas principais vías danadas polos asolagamentos ata última hora do domingo

Un policía nacional galego salva dúas mulleres da riada desde a súa casa, en Valencia
01/11/2024 13:13
Un policía nacional galego en Valencia salva a vida de dúas mulleres coa axuda duns veciños

Os falecidos en Paiporta son xa 62, moitos atrapados en plantas baixas e garaxes
01/11/2024 10:28
O que máis urxe esta xornada explicou Albalat, é todo o necesario para limpar as rúas, por exemplo pas, así como alimentos de primeira necesidade e auga embotellada, pois aínda que agora mesmo contan con auga nas fontes chega con moi pouca potencia

A Generalitat anuncia axudas iniciais de 250 millóns de euros aos afectados pola DINA
31/10/2024 09:22
O presidente da Generalitat Valenciana precisou que se tratará de axudas complementarias ás doutras Administracións dun mínimo de 6.000 euros por persoa
Os bombeiros seguen traballando por terra e non hai previsión de que saian medios aéreos

Familias galegas pasaron a noite en vela por non saber dos seus atrapados pola DINA
30/10/2024 14:23
É o caso de Cándido, un veciño de Vigo que ata esta mañá nada sabía da súa irmá e a súa sobriña
As dúas viven en Chiva, unha das localidades máis afectadas, están ben, pero coa casa asolagada

Galicia envía un helicóptero de salvamento a Valencia
30/10/2024 14:18
Ten capacidade para rescatar ata 10 persoas
Agárdase que xa poda traballar na zona na tarde deste mércores

Detido un profesor de relixión acusado de agredir sexualmente seis nenos en Valencia
18/10/2024 10:36
A policía rexistrou o lugar de traballo e o domicilio do arrestado e tomoulles declaración aos seus compañeiros e á súa contorna familiar

Detidos uns pais que pactaron a voda da súa filla cun curmán a cambio de mil euros
08/07/2024 12:29
A vítima, de 22 anos, atopábase en situación de vulnerabilidade e sufrira durante anos malos tratos físicos e psíquicos por parte dos seus familiares
A muller fuxíu do domicilio familiar e acudiu a un centro especializado na atención de mulleres vítimas de malos tratos

Un home mata a súa muller e o fillo dela cunha escopeta e suicídase en Benaguasil (Valencia)
07/06/2024 18:19
Os tres cadáveres foron achados no seu domicilio

Nace un bebé nun autobús urbano de Valencia nun parto asistido polo pai e a pasaxe
30/05/2024 10:33
O condutor do autobús, con 23 anos de traballo na empresa, desviou a súa ruta para levar ao Hospital Clínico o bebé e a nai

Un home confesa que agrediu sexualmente durante 50 anos menores da súa contorna
08/05/2024 10:21
O Xulgado de Instrución número 7 de Llíria (Valencia) acordou este martes o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza

Unha fuga de gas iniciou o incendio de Campanar, en Valencia
03/05/2024 18:05
Técnicos da Policía Científica concluíron que o lume se orixinou na parte traseira dun frigorífico
Non se detectaron anomalías eléctricas, polo que sospeitan da falta de ventilación

A Garda Civil investiga a morte a tiros de tres homes en Valencia
28/02/2024 13:44
Os tres mortos son de nacionalidade colombiana e a prensa deste país identificou entre eles o membro dun grupo de narcotraficantes local que en xuño pasado sobreviviu a un tiroteo en Barranquilla
A Garda Civil non desbota ningunha hipótese, pero todo apunta a un axuste de contas por droga

Minuto de silencio e flores na honra das dez vítimas do incendio de Valencia
24/02/2024 08:21
A cidade vive o seu segundo día de loito oficial tras o lume que calcinou un edificio de 138 vivendas
O número de cadáveres localizados coincide co de persoas desaparecidas, polo que non se agarda atopar máis vítimas

Marea de solidariedade en Valencia
23/02/2024 13:17
Os veciños recollen roupa, alimentos e útiles para os afectados polo incendio

Detido en Valencia por matar a pedradas unha persoa sen fogar e deixar en estado crítico outra
07/02/2024 12:16
O detido é outra persoa sen fogar que se entregou nunha comisaría da Policía Local