Contido coa etiqueta .
Fc Barcelona

A Supercopa feminina tamén ten cor azul e gra (5-0)
26/01/2025 16:22
Pajor (2), Graham, Guijarro e Putellas marcaron os goles dun Barcelona moi superior ao Real Madrid

Tres 'boixos nois' aceptan ata 3 anos de cárcere por unha malleira a un seguidor do Raio Vallecano
13/01/2025 16:22
Estes ultras do Barcelona agrediron un membro dos Bukaneros en 2018 sen ningún tipo de discusión previa
Ningún dos tres entrará en prisión sempre que non volvan delinquir, paguen o que falta da indemnización e fagan un curso de igualdade de trato e non discriminación

Festival do Barcelona no Clásico da Supercopa (5-2)
12/01/2025 22:03
Os de Flick sobrepuxéronse ao gol de Mbappé e remontaron ata acabar goleando nunha primeira parte para o recordo
Décimo quinto trofeo da Supercopa para o equipo catalán, que lidera o palmarés

Tebas acusa o CSD de descoñecemento profundo e de poñer en dúbida o control económico
09/01/2025 11:38
Tebas afirmou que hai moitas cousas que sorprenden da medida e sinalou en concreto a celeridade no proceso, "cunha rapidez inusual que non deu lugar a vista nin á Liga nin á Federación"

O Barcelona celebra con triunfo a cautelar a Dani Olmo
08/01/2025 21:52
Derrotou ao Athletic na primeira semifinal da Supercopa con goles de Gavi e Yamal

O CSD admite a cautelar do Barça e permite inscribir a Dani Olmo e Pau Víctor na Liga
08/01/2025 18:57
O Goberno permite a inscrición temporal do xogador e de Pau Víctor ata que tomen unha decisión final

O Barça solicita a cautelarísima ao CSD por Dani Olmo e Pau Víctor
07/01/2025 15:46
O Barça aínda confía en que o técnico do primeiro equipo, Hansi Flick, poida dispoñer de ambos os futbolistas para a Supercopa

O Barcelona chega a Arabia buscando unha solución para o caso Olmo
06/01/2025 21:44
A oposición do club solicitou a dimisión de Laporta e a súa directiva

A Liga e a RFEF non inscriben a Dani Olmo e Pau Víctor
04/01/2025 14:25
O último recurso que lle queda ao Barcelona é a cautelar do Consello Superior de Deportes

O Barcelona empeza o ano sen Dani Olmo e Pau Víctor no seu equipo
01/01/2025 12:52
O club catalán pediulle á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) unha nova licenza por ambos os xogadores, ao considerar que se trata dunha caso de "forza maior"

Claudio Giráldez: "O nivel do Barcelona sen Yamal vai ser moi parecido"
22/11/2024 14:21
O adestrador do Celta asegura que o conxunto culé ten outros xogadores moi bos para substituír o extremo español
Afirma que a clave para competir co Barça é estar a un moi bo nivel físico
"Hansi Flick fixo algo extraordinario en moi pouco tempo"

Marcos Alonso, ambicioso antes do encontro ante o Barça
21/11/2024 14:38
Ve o partido como unha oportunidade para darlle a afección tres puntos importantes

A Liga denunciará os insultos racistas a Lamine Yamal
27/10/2024 14:35
O Real Madrid tamén condena o acontecido e realizará unha investigación para identificar os autores

Lewandowski deixa en evidencia a Mbappé no Clásico (0-4)
26/10/2024 22:42
O Barcelona derrota ao Real Madrid no Bernabéu cun dobrete do polaco, un gol de Lamine Yamal e outro de Raphinha

Iniesta, emocionado ante a súa retirada: "Nunca pensei que chegaría este día"
08/10/2024 13:04
Conseguiu 32 títulos durante as 17 tempadas que estivo no Barça, entre eles, 4 Champions League
Foi autor do gol que lle deu a España Mundial de 2010 en Sudáfrica

Xa son catro os detidos polo acoitelamento ao pai de Lamine Yamal
15/08/2024 14:00
O pai do futbolista permanece ingresado con feridas de diversa consideración, pero non se teme pola súa vida

O pai de Lamine Yamal, acoitelado en Mataró
14/08/2024 23:08
Os Mossos d'Esquadra informan da detención de tres persoas en relación a esta agresión, que se produciu nun aparcadoiro
O pai do futbolista do F. C. Barcelona permanece ingresado nun hospital de Badalona

Jonathan Giráldez e o seu futuro no Celta: "Nunca direi que non ao equipo da miña cidade"
04/06/2024 15:39
Jonathan Giráldez gañou todo esta temporada co Barça: Supercopa, Copa, Liga e Champions
Washington é o seu novo destino para sair da "zona de confort"

Hans Flick asina dúas tempadas co Barcelona
29/05/2024 14:03
O compromiso anunciouse unha vez o club catalán e o anterior adestrador, Xavi Hernández, alcanzaron un acordo para a liquidación do contrato do técnico catalán

O Barça feminino coróase campión da Champions
25/05/2024 22:47
As de Jonathan Giráldez vencen por 0-2 ao Olympique de Lión e volven levantar o título

Xavi non seguirá dirixindo o Barcelona a próxima tempada e Hansi Flick ocupará o banco
24/05/2024 14:03
O técnico catalán dirixirá este domingo en Sevilla o seu último partido como adestrador do primeiro equipo azulgrá

A Audiencia de Barcelona anula a imputación do Barça por suborno no caso Negreira
24/05/2024 12:07
A Audiencia de Barcelona dá a razón á Fiscalía Anticorrupción e ás defensas
O Tribunal abre a porta a exculpar o actual presidente do club, Joan Laporta

Xavi, Laporta e Deco escenifican a unidade e a continuidade do técnico no Barça
25/04/2024 13:29
Xavi: "Estamos a traballar ben, é un proxecto gañador. A afección tamén me fixo ver que debo seguir"

Xavi Hernández recúa e seguirá no Barcelona ata o ano 2025
24/04/2024 21:34
Ao longo do día desenvolveuse unha xuntanza na casa do presidente Laporta en que o técnico dixo si á súa continuidade

Negreira négase a declarar ante o xuíz que investiga os pagos que lle fixo o Barça
19/03/2024 12:08
O exvicepresidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA) non entrou en máis detalles de por que gardaba silencio

O Barcelona estraga unha grande oportunidade para sentenciar o Nápoles (1-1)
21/02/2024 22:30
Lewandowski plasmou a superioridade do equipo catalán, pero Osimhen empatou para os italianos

Un penalti no 97 priva o Celta de puntuar ante o Barcelona (1-2)
17/02/2024 17:07
O Celta rozou os puntos ante o Barcelona
Tivo ocasións como para conseguir un premio maior, sobre todo na segunda metade

Xavi: "Se queremos optar ao título de Liga, mañá teñen que ser tres puntos"
16/02/2024 15:49
Xavi dixo que segue sendo "positivo" e que se mantén "motivado" á fronte do equipo

Lewandowski considera o partido do Celta como o perfecto para "dar un paso adiante"
15/02/2024 21:47
O polaco encabezou a remonta do seu equipo no partido da primeira volta, que acabou cun 3-2

O xuíz descarta que Negreira estea incapacitado para declarar e cítao como imputado
25/01/2024 13:09
O maxistrado conclúe que, a pesar de que sofre algunha deterioración de memoria, Negreira conserva as facultades mentais para ser axuizado

Nápoles-Barça, PSG-R. Sociedade, Inter-Atlético e Leipzig-R. Madrid, oitavos da Champions
18/12/2023 12:27
Os catro equipos españois xogarán os partidos de volta na casa
As outras eliminatorias son as seguintes: Porto-Arsenal, PSV-Borussia Dortmund, Lazio-Bayern de Múnic e Copenhage-Manchester City

Lembramos con Sergi Quintela a última vitoria do Breogán sobre o Barça, que viviu sendo neno
04/11/2023 16:30
Unha grande actuación de Charlie Bell levou os lugueses á súa terceira e última vitoria contra os blaugrá en 2005
Mañá o Barça visita o Pazo na Liga ACB

O Barcelona iguala co Real Madrid, sumando o pleno de vitorias na Champions
25/10/2023 20:17
Ferrán e Fermín marcaron os goles diante do Shakhtar (2-1)

Real Madrid e Barcelona poñen o foco na arbitraxe a escasos días de xogaren o Clásico
24/10/2023 21:06
Ancelotti e Xavi céntranse en contestar preguntas sobre o labor arbitral antes de mirar cara á Liga de Campións

O xuíz imputa a Joan Laporta un delito de suborno no caso Negreira
18/10/2023 11:07
O maxistrado aplica unha nova interpretación no cálculo da prescrición para argumentar a súa decisión
É o terceiro presidente investigado, xunto con Sandro Rosell e Josep Maria Bartomeu

O Barcelona, imputado por suborno no caso Negreira
28/09/2023 10:18
A Garda Civil rexistrou as dependencias do Comité Técnico de Árbitros, na RFEF, á procura de documentación
Para o maxistrado, os pagos a Negreira e o seu fillo "produciron os efectos arbitrais desexados polo FC Barcelona, de tal maneira que debeu existir unha desigualdade no trato con outros equipos e a consecuente corrupción sistémica no conxunto da arbitraxe española"

Xavi cre que o Celta leva menos puntos dos que merece
22/09/2023 14:39
Xavi avanzou a súa renovación co club azulgrá ata 2025

O Barcelona comeza a Champions cunha goleada diante do Anveres
19/09/2023 22:23
João Félix marcou dous dos cinco goles que anotaron os cataláns (5-0)
Un gol do porteiro do Lazio no último segundo do partido evitou o triunfo do Atlético

Un ex da 1ª RFEF dálle a vitoria ao Barcelona no clásico
30/07/2023 10:25
Fermín López anotou un zapatazo dende fóra da área e deu unha asistencia
O atacante xogou no Liñares de 1ª RFEF a tempada pasada

O Real Madrid gáñalle o pulso ao Barcelona por Arda Güler
06/07/2023 15:38
Os dous equipos pretendían a xoia do fútbol europeo, que deixa Turquía con só 18 anos