Contido coa etiqueta .
Mulleres

Auxilian en Cádiz unha muller e as súas fillas que vivían entre excrementos
27/01/2025 09:57
A muller foi trasladada ata o Hospital de Puerto Real para a súa valoración e correcto tratamento
Os servizos sociais municipais facíanse cargo do amparo das dúas fillas

Inaugúrase en San Cibrao das Viñas o primeiro aparcadoiro para camións protexido de Galicia
10/01/2025 15:17
Conta con 11.000 metros cadrados e un total de 59 prazas concibidas para atender as necesidades dos transportistas en ruta
Ten un sistema de videovixilancia de última xeración, zona de carga para frigoríficos e wifi

Homenaxean unha veciña da Bola, pioneira ao volante
09/01/2025 20:14
Foi unha das primeiras mulleres en quitar o carné de conducir en Ourense e converteuse en todo un referente na comarca de Celanova, onde lles fixo de taxista, de balde, aos veciños da zona
Julia Vázquez Álvarez, de 82 anos, é a protagonista do mes na campaña pola Igualdade da Deputación de Ourense

Yoseba Muruzábal reivindica nos seus murais o labor das mulleres na India
03/01/2025 15:37
Yoseba Muruzábal coñeceu de primeira man o labor da fundación Vicente Ferrer nesta parte da India a través dun proxecto financiado pola Xunta
Son murais que reivindican o traballo, o esforzo e o sacrificio das que sacaron adiante as súas familias en tempos moito máis difíciles

Liberan en Barcelona oito mulleres forzadas a exercer a prostitución
15/12/2024 20:41
Os Mossos detiveron tres persoas dunha organización que as explotaba sexualmente en dous locais da cidade en Poblenou
Captábanas en páxinas web de contido sexual, sobre todo en Honduras, Colombia e Venezuela

Prisión provisional para o acusado de matar o fillo da súa parella en Linares
01/12/2024 15:56
Tamén está a ser investigado por ferir o irmán xemelgo do neno, de dous anos
Cristian é a novena vítima por violencia vicaria no que vai de ano en España

Pasaia declara tres días de loito oficial polo asasinato machista da súa veciña
01/12/2024 10:24
Morreu a causa dos disparos efectuados presuntamente pola súa exparella, que se entregou á Policía
A vítima, de 45 anos, interpuxera no pasado unha denuncia por violencia de xénero contra o suposto autor, de 53

Detido un home acusado de matar a tiros a súa exparella en Pasaia (Guipúscoa)
30/11/2024 19:11
O suposto autor entregouse á Policía tras cometer o crime machista

Como é o sistema VioGén que protexe 5.746 mulleres en Galicia?
24/11/2024 13:50
En España, máis de 16.000 mulleres xa foron alertadas polo Sistema VioGén de que o seu agresor xa maltratara outras mulleres
O sistema VioGén leva activo desde 2007. Nestes 17 anos fixo o seguimento a máis de 817.000 casos de violencia de xénero en toda España, dos que 45.329 son galegos

Un home mata a súa muller e logo suicídase na localidade sevillana de Estepa
24/11/2024 09:47
Segundo os primeiros indicios, o suposto autor cometeu o crime machista cunha arma de fogo

23/11/2024 18:05
Denuncia o que considera "hipocrisía" na campaña dos nacionalistas porque afirma que o Concello de Santiago contratou a dedo as mesmas empresas

Aprendizaxe de autodefensa feminina con expertos en Lugo
16/11/2024 14:12
Unha escola deportiva da cidade ofrece cursos coas técnicas axeitadas

O ano pasado diagnosticáronse en España 35.000 casos de cancro de mama
17/10/2024 12:30
O de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres en todo o mundo, pero a supervivencia é alta, supera o 80 por cento

A Policía investiga as causas da morte dunha muller no seu piso en Santiago
12/10/2024 00:05
Segundo fontes da TVG, a causa do falecemento foi unha lesión provocada por arma branca no peito

Investigan como violencia machista a morte dunha muller en Roquetas de Mar
05/10/2024 10:53
A súa parella permanece detida nun centro hospitalario tras tentar quitarse a vida
O presunto autor do crime, de 72 anos, causoulle varias feridas punzantes á vítima

Gloria Lijó: "Choraba para ser home por poder ir ao mar"
22/09/2024 17:51
Foi a primeira muller en enrolarse nun barco pesqueiro de altura
Aprendeu a nadar aos 59 anos e logo participou en competicións internacionais

A Carreira da Muller da Coruña fai historia con 7.000 participantes
22/09/2024 09:49
Chega á súa undécima edición potenciando o deporte feminino e a vida saudable
A loita contra o cancro de mama e contra a violencia machista son os símbolos da proba

Prisión provisional para o home que lle prendeu lume á súa exparella en Vigo
15/09/2024 16:30
O caso pasa ao Xulgado de Violencia sobre a Muller que o investigará por un delito de asasinato en grao de tentativa

Unha exposición lembra as mulleres europeas que resistiron ao fascismo
11/09/2024 15:17
Mulleres resistentes conecta a resistencia democrática desde España a Alemaña
O 12 de setembro celebrarase un faladoiro con represaliadas do franquismo

Localizan o cadáver dunha muller nunha poza de regadío en Arbo
24/08/2024 19:30
Un familiar seu encontrou o corpo sen vida nunha zona de pouca profundidade

Os talibáns prohiben o son da voz das mulleres en público
23/08/2024 18:03
A lei tamén fai innegociable o uso do hiyab e prohibe aos condutores transportar mulleres adultas sen un titor masculino legal
Ademais prohibe aos homes levar gravata ou recortar moito a barba, mentres que os medios de comunicación non poden humillar musulmáns nin poñer imaxes de seres vivos

Detido por intento de homicidio un fillo da muller golpeada na súa casa en Bueu
10/08/2024 22:20
Trasladárona de urxencia ao hospital Montecelo, onde permanece ingresada desde o venres

Localizan unha muller no chan da súa casa en Bueu con distintas lesións na cara e cabeza
10/08/2024 12:49

A escritora Julia Uceda, Premio Nacional de Poesía, falece en Ferrol aos 98 anos
21/07/2024 17:40
A poeta sevillana residía na parroquia de Serantes dende hai medio século

Xornada negra de violencia machista: dúas mulleres asasinadas en Cataluña e outra en Madrid
14/07/2024 18:24
A policía investiga os crimes dunha muller de 76 anos en Salou, outra en Sabadell ante as súas dúas fillas de curta idade e unha máis de 29 anos en Carabanchel
Xa están detidos os tres supostos autores dos asasinatos
O sábado outra muller morreu a mans da súa parella en Buñol, Valencia

Deteñen un home en Valencia como suposto asasino da súa parella
13/07/2024 11:35
O crime machista sucedeu en Buñol, a uns 40 quilómetros da capital, cara a onde fuxiu o agresor
A moza que recibiu golpes e coiteladas xa denunciara malos tratos en 2023

Deteñen un home de 61 anos, parella dunha muller asasinada en Antequera
06/07/2024 13:09
O cadáver da muller de 50 anos con síntomas de asfixia localizárono nunha beiravía
Este novo crime de violencia machista en Málaga é o quinto na provincia desde que comezou 2024

Un detido tras a morte violenta dunha muller no centro histórico de Zaragoza
04/05/2024 12:23
A vítima estaba tendida na rúa cun corte no pescozo

Verónica Bolón: "Necesítanse máis mulleres nas aulas para rachar a fenda de xénero na tecnoloxía"
25/04/2024 09:36
No Día Internacional das Nenas nas TIC, a investigadora e profesora da UDC confirma que hai unha leve repunta de alumnas en Informática
O 75 % dos postos de traballo en 2050 estarán relacionados coas áreas STEM, segundo a ONU
A infrarrepresentación das mulleres nos estudos universitarios desta área trasládase ao mercado laboral e acentúase nos postos de liderado

Pedro Sánchez anuncia a creación da Oficina Nacional de Asesoramento Científico
09/02/2024 12:53
O presidente do Goberno avanza, na celebración do Día da Muller e Nena na Ciencia na Coruña, que o obxectivo da nova entidade é "crear pontes"
A astronauta Sara García, presente no acto, mantivo un coloquio con estudantes

Man tendida da ministra da Seguridade Social ás reclamacións das mulleres da pesca
03/02/2024 14:13
Elma Saiz reuniuse cun grupo de mariscadoras na praia de Barraña
Asistiu á presentación do Mapa das mulleres da pesca organizada por ANMUPESCA

As mulleres vítimas de violencia de xénero xa poden solicitar unha axuda de ata 800 euros mensuais
03/01/2024 08:40
A axuda autonómica poderá solicitarse desde este mércores
A contía poderá recibirse nun máximo de 12 mensualidades
A convocatoria permanecerá aberta durante todo o ano
A Xunta de Galicia abre outras dúas convocatorias para vítimas con dificultades para atopar traballo e para cubrir indemnizacións incumpridas

Un home esgana en Madrid diante dos fillos a muller, que queda en estado grave
26/11/2023 09:36
O persoal médico conseguiu reanimala tras entrar en parada cardiorrespiratoria
O agresor, de 42 anos, foi detido logo de alertar os servizos de emerxencia

Medra a porcentaxe de mulleres con cancro de pulmón
17/11/2023 14:45
Aínda que a esperanza de vida vai en aumento, o cancro de pulmón segue a ser o máis mortal no noso país
No día mundial desta enfermidade, os especialistas advirten de que cada vez hai máis casos entre as mulleres, polo tabaquismo

Un cuarto do escape para coñecer os nomes de mulleres destacadas na historia de Galicia
17/11/2023 14:35
Na actividade organizada pola Concellería de Igualdade de Xinzo de Limia participaron máis dun centro de nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro
É o xeito de conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Os coches son menos seguros para as mulleres
07/11/2023 14:53
Os fabricantes priorizan a corpo masculino á hora de deseñar os elementos de seguridade
O cinto non ten en conta o peito nin protexe axeitadamente os ombreiros das mulleres

Deteñen o presunto autor do asasinato a coiteladas dunha muller en Xetafe
05/11/2023 12:53
O arrestado conseguira fuxir este sábado do lugar dos feitos

Investigan como posible crime machista a morte dunha muller en Mijas
15/10/2023 08:50
Caeu do quinto andar dun edificio horas despois de chamar o 112 por unha agresión da súa parella
O home, con antecedentes por violencia de xénero en relacións anteriores, permanece detido

Detido un home tras caer a súa parella dun quinto andar en Mijas
14/10/2023 19:55
A muller fora atendida nun hospital horas antes pola suposta agresión da súa parella

Máis de 70 vítimas da violencia machista buscan traballo na Limia co programa Hypatia
26/09/2023 20:37
O proxecto desenvólvese nos concellos de Xinzo, Sandiás e Vilar de Barrio