Contido coa etiqueta .
Terremoto

Polo menos 126 mortos tras un sismo de magnitude 6,8 na rexión chinesa do Tíbet
07/01/2025 09:11
O sismo acadou unha magnitude de 6,8 graos na escala de Richter
As autoridades pechan o acceso ao Everest, próximo ao epicentro

Fai dúas décadas do tsunami do Índico, o máis mortífero da historia
26/12/2024 08:45
Houbo 228.000 falecidos en 14 países
As ondas chegaron a 30 metros de altura

Rexistrado un terremoto de 3 graos de magnitude en Baleira
19/12/2024 13:43
O sismo produciuse ás 12:37 horas e sentiuse, con diferente intensidade, en Becerreá, O Corgo, Folgoso do Courel, Castroverde e Lugo
Nas últimas horas tamén se rexistraron tremores leves en Vilariño de Conso e Cervantes

Un terremoto de magnitude 3 sacode a costa norte galega
04/12/2024 13:06
Produciuse ás 21:56 horas a 20 quilómetros de profundidade
Sentiuse nos municipios de Valdoviño, Ortigueira, Viveiro, Ares, Mañón e Moeche, e de Castro de Rei (Lugo)

Dous fortes sismos causan danos en casas, cortes de luz e corrementos de terra en Cuba
10/11/2024 22:47
As autoridades da illa non informaron ata o momento da existencia de vítimas
O presidente Díaz-Canel pídelle á poboación que se manteña en lugares abertos porque o esencial "é salvar vidas"

Un sismo de intensidade 2,9 sacode Forcarei
06/11/2024 11:16
Este martes outro pequeno terremoto produciuse tamén concello pontevedrés da Lama

Iniciado o despregamento dunha rede sísmica submarina fronte ás costas de Galicia e Asturias
21/10/2024 11:48
A campaña pretende recoller datos para caracterizar con precisión a actividade sísmica dunha ampla zona do noroeste peninsular cuxa sismicidade presenta moitas incógnitas para a comunidade científica

Dous lixeiros sismos sacoden o concello de Taboada
08/10/2024 09:52
O de maior intensidade produciuse ás 8:40 destes martes e alcanzou os tres graos de magnitude na escala de Richter

Un sismo de magnitude 5,3 ao sur de Lisboa sacode Portugal e chega a sentirse en Galicia
26/08/2024 08:42
O terremoto, ocorrido na madrugada deste luns, non deixa vítimas nin danos materiais graves

Un terremoto de magnitude 7,1 causa un tsunami de ata medio metro e deixa dúas feridas no Xapón
08/08/2024 10:23
As autoridades instan a poboación a manterse afastada das costas e desembocaduras dos ríos, mentres se están avaliando os potenciais danos polo sismo
Os expertos advirten de posibles réplicas nos próximos días e consideran a posible de que se produza un sismo a grande escala na fosa de Nankai

Un sismo de magnitude 4,2 sacode Quito, a capital de Ecuador
01/07/2024 08:24
Segundo as primeiras informacións oficiais das autoridades ecuatorianas, ata o momento non se informou de danos persoais nin materiais

Un terremoto de 7 graos de magnitude causa danos pero non vítimas no Perú
28/06/2024 09:30
O último sismo devastador, de 7,9 graos, causou en 2007 uns 500 mortos e perdas millonarias en infraestruturas e vivendas

Un terremoto de magnitude 4,2 fai tremer Melilla, Málaga e Granada esta madrugada
27/05/2024 08:30
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o sismo produciuse ás 2:40 horas e o epicentro situouse a unha profundidade de 19 km

Unha serie de fortes terremotos provoca a derruba parcial de 4 edificios en Taiwán
23/04/2024 09:45
Os inmobles estaban baleiros desde o sismo do pasado 3 de abril, polo que non hai vítimas nin feridos, segundo as autoridades locais
.jpg)
Rexistrado un tremor de 2,9 graos con epicentro no concello de Pantón
07/04/2024 12:42
É o quinto movemento sísmico que se produce nesta parte da provincia de Lugo no que vai de ano

Un tremor de magnitude 4,8 sacode Nova Jersey e a cidade de Nova York
05/04/2024 18:48
Os bombeiros indican que non se rexistraron "maiores incidentes", pero as autoridades seguen "monitoreando" a zona

Taiwán segue na procura de dezaseis desaparecidos tras o terremoto
05/04/2024 09:42
Os falecidos xa son 12, hai máis de 1.100 feridos e 671 persoas continúan atrapadas

Continúan os labores de rescate de máis de 600 persoas tras o terremoto de Taiwán
04/04/2024 09:32
Na zona cero do sismo, Hualien, producíronse a maioría dos 2.498 incidentes de diversa magnitude contabilizados na illa
O número de feridos polo terremoto ascende a 1.058

Rebeca, estudante galega en Taiwán: "As réplicas asustan máis ca o primeiro tremor"
03/04/2024 21:10
Esta estudante viguesa leva sete meses vivindo na capital, Taipei
Relátanos como viviu o terremoto máis forte deste século en Taiwán
Ascenden a 9 os mortos polo terremoto de Taiwán, que deixa máis de 100 réplicas

Ascenden a 9 os mortos polo terremoto de Taiwán, que deixa máis de 100 réplicas
03/04/2024 08:02
Un tremor de terra de 7,2 sacudiu a costa leste da illa este mércores
Hai máis de 800 feridos e unha trintena de edificios derrubados
Rebeca, estudante galega en Taiwán: "As réplicas asustan máis ca o primeiro tremor"

O concello ourensán de Laza rexistra un tremor de terra de magnitude 2,4
18/03/2024 19:06
Tivo lugar ás 22:43 horas da pasada noite e a pesar da súa escasa profundidade, non foi sentido polos veciños

Un terremoto de magnitude 4,3 e epicentro no Mar de Alborán deixouse sentir en Melilla e Andalucía
15/03/2024 22:35
O Mar de Alborán rexistrou ao longo da tarde deste venres outras tres réplicas

Sarria rexistra un tremor de 3,7 graos que se sentíu en 150 localidades
15/03/2024 16:53
O sismo produciuse ás 16.40 da tarde na parroquia de Betote e non ocasionou danos

Un tremor de magnitude 3 déixase notar en varias vilas do norte da Coruña
25/02/2024 09:38
O epicentro situouse a 6 quilómetros do concello de Cerdido

Vai expirando a actividade sísmica e volcánica nas fisuras abertas o domingo en Islandia
15/01/2024 18:54
A lava dunha segunda fenda dana tres casas do porto pesqueiro de Grindavík
A vila está totalmente evacuada desde o primeiro momento

Uns 300 desaparecidos e 168 mortos no terremoto do Xapón unha semana despois
08/01/2024 10:32
A neve e as estradas danadas dificultan os rescates
Unhas 28.000 persoas continúan refuxiadas en centros de evacuación temporais, mentres que 15.000 fogares seguen sen auga corrente e máis de 14.000 sen luz

O tremor que arrasou o centro do Xapón suma xa 126 vítimas mortais
06/01/2024 08:38
Outras 211 persoas seguen desaparecidas e medio millar están feridas
É o sismo máis mortífero rexistrado no país dende o ano 2011

Confirman polo menos 79 desaparecidos polo sismo no Xapón, que deixa xa 78 mortos
04/01/2024 08:25
As autoridades difundiron unha listaxe cos nomes dos desaparecidos, na súa maioría anciáns
A carreira é contra o reloxo porque xa se superou o límite das 72 horas, tras o cal resulta case imposible atopar xente con vida

Continúan as tarefas de rescate contra o reloxo tras o forte sismo no Xapón
03/01/2024 08:13
O tremor na costa occidental do país deixa xa 73 falecidos e 33.000 desprazados, que se ven afectados pola falta de auga, alimentos ou combustible

Polo menos 50 mortos e case 50.000 evacuados tras o terremoto do Xapón
02/01/2024 08:17
Cren que na cidade de Wajima, a 500 quilómetros de Toquio, pode haber xente atrapada baixo os restos de 14 edificios

Baixa a alerta por tsunami na costa occidental do Xapón provocada por un tremor de 7,6 graos
01/01/2024 13:27
50.000 persoas foron evacuadas en distintas rexións do país

Un tremor de magnitude 3,5 sacode a montaña lucense co arranque do ano
01/01/2024 09:32
O sismo tivo o epicentro entre os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel

Un tremor de magnitude 6,2 na China deixa 127 mortos e 700 feridos
19/12/2023 21:33
A vaga de frío extrema con temperaturas de ata -14 graos pode dificultar as tarefas de rescate

Máis dun cento de mortos no noroeste da China por un tremor de magnitude 6
19/12/2023 01:14
Son xa máis de 110 os falecidos e máis de 200 os feridos, segundo medios locais
O epicentro situouse na provincia de Gansu e o hipocentro, a uns 10 quilómetros de profundidade
Os servizos de rescate buscan persoas atrapadas entre os cascallos dos edificios que se viñeron abaixo

O aumento da actividade sísmica detectado en Galicia é normal
10/12/2023 20:25
No último mes detectáronse 27 tremores
O xeólogo Vidal Romaní réstalles importancia

Galicia rexistrou dez terremotos no que vai de decembro, dous deles con magnitude superior a 3
09/12/2023 15:30
Os xeólogos din que non é motivo de alarma, pero advirten de que a comunidade está entre as que teñen un risco sísmico moderado
Ata o de agora, ningún tremor superou os 5,1 graos do de Triacastela, no ano 1997

Os terremotos sacoden a diario Galicia, desde sempre, sen que a poboación os perciba
05/12/2023 14:32
Galicia é zona de baixa a moderada actividade sísmica, sen risco dun gran terremoto

O terremoto de Oroso, de magnitude 3,3, sentiuse nas comarcas de Santiago e Ordes
01/12/2023 14:38
Malia o susto que levaron os veciños, o sismo non tivo consecuencias

Oroso rexistra un terremoto de 3,3 graos
30/11/2023 19:23
O tremor puido ser percibido nos concellos próximos á cidade de Santiago de Compostela

Evacúan unha cidade de Islandia por risco de erupción volcánica
12/11/2023 16:37
Dende a noite do 12 de novembro rexistráronse máis de 1.000 terremotos arredor do dique volcánico
O magma estase propagando lentamente cara arriba, pero non se coñece o lugar dunha posible erupción