Cargando resultados...
Sesenta anos despois do asasinato de Kennedy, a lenda segue viva
O sucedido en Dallas aquel 22 de novembro de 1963 esperta aínda todo tipo de teorías e especulacións
G24.gal
02/12/2023 15:30
Última actualización 01/12/2023 22:49
Cumpríronse 60 anos do día en que mataron a John Fitgerald Kennedy, e aquel magnicidio continúa aínda envolto no misterio e inspirando teorías da conspiración. O seu mandato durou apenas tres anos, pero foi tempo dabondo para que sexa considerado o presidente máis emblemático. Ademais, os Kennedy pasan por ser o máis parecido a unha familia real que coñeceron os Estados Unidos.