Asociacións da Garda Civil cuestionan a amnistía e defenden a Constitución
Cinco agrupacións profesionais da Benemérita centran as criticas no lawfare
O documento tenta dar resposta a unhas actuacións previas de Grande-Marlaska

Son cinco as asociacións profesionais da Garda Civil que expresan o seu malestar nun documento conxunto polos acordos do PSOE con Junts e particularmente con algúns aspectos legais da amnistía.
O documento fíxose público como resposta ao ministro do Interior. Fernando Grande-Marlaska iniciou onte actuacións contra unha asociación, que amosaba a disposición a "derramar ata a última pinga de sangue en defensa da Constitución".
Este sábado outras cinco asociacións con presenza na Benemérita saen en defensa da Carta Magna. Ademais, denuncian a posibilidade, contemplada na futura lei de amnistía, de "crear comisións políticas sobre as actuacións xudiciais e tamén das Forzas e Corpos de Seguridade na súa calidade de Policía Xudicial". Sinalan que isto "creba a separación de poderes, o piar básico do Estado de dereito".