O Consello de Seguridade da ONU vota se esixir un cesamento do fogo inmediato en Gaza
Os Estados Unidos, un dos países con dereito a veto, xa anunciou que votará en contra

O Consello de Seguridade da ONU vota nunha horas unha resolución presentada polos Emiratos Árabes Unidos que esixe un algo o fogo humanitario inmediato da guerra en Gaza.
Faino nunha xuntanza en Nova York, despois de o secretario xeral da organización, Antonio Guterres, activara o artigo 99 da carta fundacional de Nacións Unidas pola gravidade da situación.
Guterres asegurou no seu discurso que a poboación gazatí estase asomando ao abismo e instou a actuar de inmediato.
Pero a petición non ten visos de saír adiante. O goberno dos Estados Unidos, un dos países con dereito a veto, xa avanzou que votará en contra do alto o fogo porque di que sería reforzar a Hamas.