Cargando resultados...
Trinta e catro palestinos feridos tras o ataque dun cento de colonos en Cisxordania
Tamén morreron os atacantes, identificados como membros de Hamas

G24.gal
21/06/2023 08:29
Trinta e catro palestinos foron feridos esta noite tras unha nova agresión por parte de centos de colonos ao norte da Cisxordania ocupada. Foi a resposta ao ataque palestino de onte nunha gasolineira en que morreron catro israelís.
Tamén morreron os atacantes, identificados como membros de Hamas. Estes reivindicaron o atentado como reacción á morte de sete palestinos o luns nos duros enfrontamentos entre tropas israelís e milicianos na cidade de Yenín.