Publicador de contidos

Publicador de contidos

A 'Guía Repsol' distingue 22 establecementos galegos cun Solete de estrada

A 'Guía Repsol' distingue 22 establecementos galegos cun Solete de estrada

 Recibíronos 22 locais con encanto para facer unha parada no camiño

Os Soletes de estrada son a nova distinción que outorga a 'Guía Repsol'

Cliente tomando un café nun local de pontevedra distinguido con Solete de estrada
G24.gal 06/04/2022 14:40

Atopámolos a menos de 15 minutos dunha autovía, dunha estrada nacional e mesmo á beira dos camiños máis transitados. Son establecementos que xa teñen sona entre a xente local polo seu bo facer e agora a 'Guía Repsol' quere distinguilos outorgándolles un solete de estrada.

 "Estamos encantados porque é unha palmada nas costas, que estamos facendo o noso traballo ben e ao final é iso, hai que seguir facendo o traballo. Vivimos de vender pan, vivimos de vender café e vivimos de facer o noso produto entón é do que se trata", comenta Daniel Pampín, propietario de Amásame Bakery Lab

Neste local de Pontevedra que goza xa de dous soletes, o obradoiro acristalado permítelles aos clientes coñecer o oficio do panadeiro.

 "Temos un traballo moi bonito que temos que ensinar, que a xente ten que ver esa transparencia tamén que ao final traballamos con fariña, auga, sal e masa nai", continúa Daniel

"A verdade é que é un sitio con moito encanto, con moi boa atención e con todo o tema da panadería que é artesanal", apunta unha clienta

Na Nacional 550 á entrada de Caldas atopamos un vello muíño que hai 57 anos se converteu en taberna. El tamén goza xa dos seus soletes na 'Guía Repsol'.

 "Unha que é un local que lle gusta á xente porque é enxebre, era un antigo muíño, outra o produto que traballo un produto de calidade e non sei o ámbito en que está ao lado do río", conta José Luis Goldar, propietario da taberna O Muíño.

Dos 319 soletes que a 'Guía Repsol' acaba de conceder, 22 son para establecementos galegos onde paga a pena facer unha parada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade